Proxectos Documentais Integrados

Os Proxectos Documentais Integrados (PDI) son pequenas investigacións nas que o alumnado traballa  directamente coa documentación (independentemente do soporte) aprendendo a aprender e traballar autónomamente. Caracterízanse por:
  • Utilízanse todos os materiais da Biblioteca Escolar en todo tipo de soporte.
  • Na súa programación e desenvolvemento empréganse libros de ficción e de coñecemento.
  • Promóvese a implicación de todas as áreas do coñecemento escolar e extraescolar.
  • Desenvólvense a partir dun tema ou proposta global.
  • Supoñen a participación de todo o profesorado e a miúdo da comunidade educativa (pais, persoal docente, asociacións, outras bibliotecas...).

Para máis información, preme aquí.