Xestión

Para o manexo do Proxecto Meiga, tanto a propia páxina có seu botón ? como o propio CD do programa de instalación, contén un manual de axuda do mesmo que será de utilidade á hora de familiarizarnos cos menús e botoeiras das pantallas.
 
 
Nesta sección faremos unha viaxe polos pasos e problemas que surden no día a día na biblioteca escolar, sen esquecer que o Proxecto Meiga ten canles, tanto online como vía telefónica, para solucionar os problemas dos responsables da xestión e uso da aplicación.
 
Nota: A web 2.0 (se aínda estamos nela) supón compartir e crear, esto significa que formamos parte dunha rede e non debemos duplicar esforzos á hora da catalogación e xestión dos fondos a costa de non dinamizar a biblioteca. O fomento da lectura, o servizo de apoio ao estudo, a función compensatoria de desigualdades, o espertar entre os usuarios o amor pola lectura e a ledicia do descubrimento do coñecemento e os desenrolo das competencias son os nosos obxectivos inesquecibles.
 
Infraestructura
Unha vez instalada a aplicación Proxecto Meiga, e volcados os fondos, se é o caso, deberemos contar cos elementos que nos faciliten a labor de catalogación de novos rexistros así como a atención aos usuarios.
Debemos ter un ordenador actualizado con conexión de internet áxil no que prepararemos a nosa fiestra aos servizos, ao noso entorno de traballo.
(Arquivo adxunto)
 
Na catalogación dos novos rexistros non esqueceremos que hai profesionais que xa teñen feito o traballo por nos e o temos en liña para o noso uso. A misión do responsable da catalogación dos fondos é filtrar e por en valor aquela información relevante para os nosos usuarios.      
 
                                                         
                                                                                                                                                                                     
ĉ
Begoña López Soto,
2 feb. 2016 13:22
Ċ
Begoña López Soto,
2 feb. 2016 13:24
Comments