Limiar

Esta páxina foi creada coa finalidade de presentar a candidatura de Serafín Álvarez Rodríguez á dirección do IES Mugardos para os vindeiros catro cursos (2013-2017). De ningún xeito substitúe o proxecto oficial que o candidato debe presentar perante a comisión de selección segundo a Orde do 7 de marzo de 2013.

A intención é  acadar a máxima difusión do proxecto e fomentar o debate sobre o centro de ensino que entre todos queremos construír. Para iso, as novas tecnoloxías poden estimular a participación, en  especial do alumnado cuxa voz me gustaría oír neste proceso. Vaia por diante o meu compromiso de atender a todos os sectores da comunidade educativa.

Ao pé de todas as páxinas do menú lateral está activa a posibilidade de achegar comentarios.  Todas as ideas, suxestións ou críticas para mellorar a calidade do ensino e o ambiente de traballo do noso centro serán benvidas, co único requisito do mantemento das  normas de comportamento na rede e o elemental respecto ás persoas e institucións. 


De non dispoñer dunha conta Google, tamén é posible enviar un correo electrónico a 

Moitas grazas pola súa colaboración.

Ċ
Serafín Álvarez,
9 abr. 2013 0:15
Comments