PÁXINA PRINCIPAL

CEIP Antonio Pedrosa Latas.
Celeiro-Viveiro LUGO
«Xogando a reforestar». En Celeiro (Viveiro) este colexio creou a súa propia aula de natureza con talleres de tratamento de residuos e reciclaxe. Reconstruíron unha biocenosis en forma de charca e realizaron plantacións e reforestacións dentro e fóra das súas intalacións. O comité científico recoñece co premio «a atmosfera de protección ambiental tan positiva que se respira no centro e a participación e compromiso de toda a comunidade escolar».
INFORMACIÓN OBTIDA NESTE ENLACE

Neste curso o equipo de Voz Natura, constituído por todos os mestres do centro, conseguiu o Premio Provincial e estamos emocionados con este galardón que recibiremos o sábado día 2 de xuño na festa que organiza Voz Natura en Coruña.

        Para esta ocasión enviaremos unha carpa a modo de bosque, na que albergaremos unha proxección de imaxes para que os visitantes coñezan todos as actividades  que levamos ideando  durante anos e especialmente as que fixemos este ano. Ademáis  para este desplegue de medios o Concello déixanos un camión para levar tamén a árbore xigante de Infantil, a árbore da biblioteca e as súas ramas, os vermes de seda, o libro das árbores e o herbario,...

     Toda esta labor sería imposible sen a colaboración de todos: Concello, ANPA, familias, coidadora, conserxe, limpadora, mestres e especialmente ALUMNOS/AS, pero tamén todos os que colaboraron en anos anteriores.

             Gracias e noraboa a todos/as.

ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS no colexio

CURSO 2011-2012


O caderno dixital do CEIP Antonio Pedrosa Latas, colexio incluído en Naturacción (subprograma de Voz Natura patrocinado pola Fundación Alcoa e en colaboración coa Consellería de Educación), é a bitácora gañadora do premio a mellor blogue do programa Voz Natura no seu 20º aniversario. O xurado seleccionouno como exemplo de como un caderno dixital pode recompilar todas as actividades de Educación Ambiental desenvolvidas nun centro, integrando as distintas áreas curriculares, departamentos e accións que involucran a toda a comunidade escolar. Para toda a comunidade educativa do noso colexio é unha noticia moi importante e que agradecemos ao programa Voz Natura. O blogue comeza a súa andaina no mes de maio de 2009, despois de recibir un curso de formación a través do programa Voz Natura, e vimos que era un medio moi interesante para poder amosar todo o traballo e actividades que levamos a cabo relacionadas coa Educación Ambiental.
Ao longo de moitos anos o profesorado, alumnado, persoal non docente, ANPA e Institucións traballamos para conseguir un entorno respetuoso co Medio Ambiente e agradable para podelo disfrutar día a día., por iso este premio vai dirixido a toda a Comunidade Educativa e será un aliciente para seguir traballando.
MOITAS GRACIAS VOZ NATURA


ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS no colexio

CURSO 2016-2017