eventos‎ > ‎

‘Vicente Risco e a Xeración Nós’, palestra do profesor Emilio Cambeiro en Cáceres

Publicado a 04/11/2011, 08:06 por Alberto Pombo   [ atualizado a 04/11/2011, 08:06 por Iolanda Ogando ]
Continuando a xeira de actividades programadas en base ao programa da disciplina de Historia e Cultura galegas ofertada na Universidade de Cáceres, o Centro de Estudos Galegos (CEG) desta cidade organizou unha conferencia na que se tratará a figura dun dos vultos da Xeración Nós: Vicente Risco.

A conferencia será proferida polo profesor Emilio Cambeiro, da Universidade Nova de Lisboa, quen ten dedicado boa parte das súas investigacións á obra do autor referido.

A comunicación, titulada: “Vicente Risco e a Xeración Nós“, terá lugar no luns (segunda-feira) día 7 de novembro, na hora e espazo habituais, isto é: de 13h00 a 14h00 na sala 17 da Faculdade de Filosofía e Letras.

Resumo:

Data: 7 de novembro
Hora: 13h00-14h00
Lugar: Aula 17 da Facultade de Filosofía e Letras de Cáceres
Organiza: CEG de Cáceres
Conferencia: “Vicente Risco e a Xeración Nós
Convidado: Profesor Emilio Cambeiro

Comments