O taboleiro fantástico

2010-2011
Material necesario para inventar un conto
  • As fórmulas da marabilla, para iniciar e terminar ben as historias.
  • As palabras poderosas, que forman parte do imaxinario popular.
  • O binomio simbólico, que é unha relación de palabras e expresións da narrativa popular e do vocabulario da vida cotiá dos nenos.
  • Imaxinemos que un conto non é máis que unha armazón de celas, unha cuadrícula construída a partir de catro columnas básicas: os personaxes, os lugares, as situacións e os obxectos. Nace así o taboleiro fantástico.

Cada columna posúe un idéntico número de compartimentos ou celas, e estas énchense cun vocabulario especial, con palabras que, dalgún xeito, pertenzan ao universo dos contos. Evidentemente, poden ser elementos narrativos de actualidade ou provenientes da tradición.

Personaxes Lugares Obxectos Situacións
fada
lobo
dragóns
elfos
indios
bruxas
princesas
gnomo
nena
rato
Sol
boneca
astronauta
árbore
coello
serea
castelo
cova
inferno
prado
bosque
espazo
cidade
casa
país
colexio
aldea
montaña
hotel
cemiterio
lago
restaurante
variña
pelota
ordenador
pota
bomba
mando
barco
diamante
espello
zapato
Nintendo
botella
libro
avión
luvas
estrela
perigo
aventura
alegría
vitoria
sorpresa
egoísmo
viaxe
soño
enfermidade
amor
misterio
trampa
medo
tristeza
perdido
enfado

Despois, selecciónanse as palabras que se prefiran, unha de cada columna como pouco. Así, cada taboleiro fantástico servirá para inventar ducias de historias, pois non hai case ningún límite...

Os contos


<fada, cova, bomba, egoísmo>
Comments