O binomio simbólico

2010-2011
Material necesario para inventar un conto
  • As fórmulas da marabilla, para empezar e rematar as historias.
  • As palabras poderosas, que forman parte do imaxinario popular. As que se elixiron foron: perla, ananos, Lúa, fonte, lobo, lume e flor.
  • Unha relación de palabras e expresións do vocabulario da vida cotiá dos nenos. Por exemplo: internet, viaxes espaciais, pelota, voar, centro comercial, móbil e libros. Ao relacionarse coas palabras poderosas forman o binomio simbólico.

Gianni Rodari, o inolvidable mestre italiano, dicía que "unha historia só pode nacer dun binomio-fantástico". Por iso esta idea dun binomio simbólico está en débeda con el, coas súas investigacións. Está formado por palabras propostas polos nenos e por outras aportadas polo imaxinario popular e o floclore. Así se combina o vocabulario da actualidade, o moderno, con palabras moito máis antigas, incluso mediante o uso das fórmulas de inicio e final. No ano 2010, Ano Rodariano, esta foi a nosa pequena homenaxe.

Os contos


(ananos, centro comercial)
(flor, móbil)
(perla, voar)

Comments