"O Sor é un dos sete ríos do Paraiso".   (Alvaro Cunqueiro) 
As súas cabeceiras son o Santar e o Tras da Serra que se xuntan na Ribeira de Ambosores, a 294 metros de altitude, donde o leito principal comenza seu percorrido cara ó mar; O río Sor que  marca os lindes entre as provincias de A Coruña e Lugo. discorre polos concellos de Mañón, Ourol, Muras e O Vicedo  ó longo de once parroquias, de 49 quilómetros, recollendo no seu percorrido as augas da Gañidoira e das serras da Faladoira e Coriscada deica desaugar na ría do Barqueiro onde forma un amplo esteiro. Sendo as Grañas a parroquia máis bañada, cunha impresionante ribeira natural de 14,5 quilometros de lonxitude. polo que se considera a verdadeira capital do Río Sor. A maior parte do seu percorrido encóntrase acondicionado para o sendeirismo, a limpeza das súas augas e o acolledor das súas ribeiras ofrécennos espazos con senlleiro encanto, así como varias áreas recreativas moi ben acondicionadas para o descanso e esparexemento.
Hoxe e dende aquí quero que esta páxina  sexa unha porta de entrada ao Concello de Mañón (e en especial a Grañas do Sor e a os seus arredores),  un concello fermoso, so fan falta tres palabras para describilo, SERRA, RÍO E MAR,  entre costa e montaña, entre vento e marea e bañado polas augas do Sor, e tamén os seus afluentes, que discorren  entre fragas e bosques nos que abundan as especies autóctonas, e sucan profundos vales, de abundante vexetación, que contrastan coas arbustivas zonas altas da serra.