Sesion 13 (21 de abril 2009): Introdución ao software libre

Introdución ao software libre: definición de software libre, sistemas operativos, aplicacións máis utilizadas, razóns para o seu uso na escola.

Desenvolvemos os contidos cunha posta en común sobre software libre e software privativo a partir deste artigo.

Nun segundo momento, traballamos por parellas unha webquest sobre software libre.




1. Definición de Software libre


O Software Libre é un tipo particular de software que lle permite ao usuario o exercicio de catro liberdades básicas:

0. Executalo con calquera propósito
1. Estudar como funciona e adaptalo ás súas necesidades
2. Distribuír copias
3. Melloralo, e liberar esas melloras ao público

Coa única restrición do copyleft (calquera que redistribúa o software, con ou sen cambios, debe dar as mesmas liberdades que antes), e co requisito de permitir e acceso ao código fonte (imprescindible para exercer as liberdades 1 e 3).






2. GNU/Linux


GNU / Linux é o sistema operativo representativo do software libre.
A partir dun mesmo núcleo do sistema ofrece variantes ou distribucións diversas, con diferentes tipos de escritorios (KDE, GNOME, XFACE...) e aplicacións. As distribucións máis coñecidas son:
Ubuntu
OpenSuse
Mandriva
Fedora
Red Hat
Debian... pero existen máis dun cento.  Ver ranking de visitas en Distrowatch.com

Tamén temos distribucións desenvolvidas pola comunidade galega do software libre, entre as que destacan:

Galinux, pódese descargar desde a web de Mancomún.
Trisquel, da Universidade de Vigo


3. Aplicacións máis utilizadas en Software libre


As aplicacións máis utilizadas en software libre e software privativo son :


 Tipo de aplicaciónSoftware libre  Software privativo
Suite ofimática  Open Office (writer, calc, presentacións)Microsoft Office (word, excel, powerpoint)
 Navegador de internetMozilla Firefox Internet Explorer
 Edición imaxesGimpPhotoshop 
 Reprodutor vídeosVLC  Windows media


Ver máis aquí:
Software privativo e aplicacións alternativas en software libre.




4. Razóns para o uso de software libre na escola



E estas son algunhas das razóns para o seu uso na escola:

1. Tanto o software libre coma o software privativo permiten desenvolver os contidos e actividades programadas nas escolas. Non se trata de substituír un sistema operativo por outro porque sexa máis barato, seguro e fiable. Ensinar con GNU/Linux non é só usalo senón trasmitir o espíritu de colaboración e cooperación que implica cualquera empresa de coñecemento. O software libre é en si mesmo educativo polos valores que lle acompañan.

2. O software libre está na súa maioría traducido a linguas minoritarias, e en particular á lingua galega. Non acontece o mesmo con outras aplicacións básicas en software privativo.

3. Se utilizamos software privativo na escola (a Administración promóveo porque hai uns anos apenas existían alternativas e tamén ten compromisos adquiridos) estamos condicionando ao alumno/a a utilizar o software dunha empresa que posúe o monopolio neste campo (Microsoft). E tamén indirectamente obrigándolle a utilizar o software utilizado na escola na súa propia casa.

4. Os alumnos/as teñen acceso ao software libre de forma gratuita e legal, e poden compartilo (non acontece o mesmo co software privativo, pois hai que mercalo se non queres convertirte nun/ha pirata).

5. A filosofía do software libre concorda cos valores promovidos pola escola para unha correcta socialización (solidariedade, colaboración,...) e por aqueles valores que nos animan a compartir o noso traballo ou a xuntarnos en redes sociais. Na filosofía do software privativo, a empresa vende un produto ao cliente e ofrécelle un servizo de mantemento.

6. E a última por agora... hai quen prefire traballar por unha causa solidaria e pertencer á comunidade do software libre, que traballar gratis para Microsoft (empresa privada con intereses lucrativos) axudando a "fidelizar" a futuros usuarios. Por unha simple cuestión de coherencia.

Ver tamén este artigo de R. Stallman: Por qué as escolas deberían utilizar exclusivamente software libre.



5. OpenOffice ou Microsoft Word?


Por que utilizar Open Office en lugar de Microsoft Word?


Algunhas das razóns:
1. OpenOffice é software libre
2. Non ten custo económico (pode descargarse libremente desde internet)
3. Utiliza formatos abertos (sen problemas de compatibilidades entre versións)
4. Permite exportar PDF
5. En lingua galega, entre outras, ata na súa última versión.

Ver ampliado neste enlace

A seguinte carta podédela enviar a quen vos remita ficheiros .doc
Carta aberta a quen me remite ficheiros .doc (exclusivos de Microsoft Word)




Para unha introdución moi básica ao mundo do software libre http://xosevidal.blogia.com/temas/software-libre.php



Comments