Proxecto Abalar: Introdución ao Software Libre e a GNU/Linux (22-11-2010)


Abalar IES Illa de Ons Bueu Novembro 2010



Sesión 1: (22-11-2010)  Introdución a GNU/Linux e ao Software Libre

- Presentación do relator.

1.- Avaliación inicial: enquisa con preguntas, a resolver en grupos pequenos:

. Que sistema operativo utilizas?

. Que aplicacións básicas usas?

. Coñeces OpenOffice? E Firefox? Sabías que son aplicacións de Software Libre?

. Saberías que aplicación utilizar para abrir un ficheiro con extensión .odt?

. Eres quen de abrir e gardar un documento nun pincho USB?

. Sabes descargar unha aplicación con internet e instalala no ordenador?

. Canto tempo diario pasas diante do ordenador?

. Que navegador de internet manexas?

. Utilizas antivirus? Cal?

. Que sabes de Linux? E de Ubuntu?

. Eres dos que pensas que xa tiñas bastante con Windows para que agora aínda teñas que aprender a utilizar Ubuntu?

. ….

2.- Introdución ao software libre: UNIX, Stallman, Linus.

.  (Presentación Abalar)  Outra presentación en Slideshare

. Stallman: visión xeral do sistema GNU, por que as escolas deben usar SL?

. Vantaxes do SL:  10 razóns CENATIC,   Vantaxes do uso do Software libre e Software propietario

. Mapa do SL

. Vídeo Software libre / software propietario (en galego, moi didáctico e sinxelo, 2´)

. Vídeo "O software libre das TIC nun CLIC" (2´30")

. Vídeo Liberdades básicas do SL (2´ con música de PinkFloyd)


. Vídeo Implantación do SL na Administración da Junta de Andalucía, 7´

. Vídeo de Stallman (razóns para o uso do SL na escola, 6´)

. Vídeo de Stallman para o FLISOL 2009 (liberdade 2 desde 3´ 50" a 8´ 40")


3. - Valoración en grupos do documento sobre as razóns para o uso de SL na escola e debate en común:

  Razóns para o profesorado.

- O sistema operativo GNU/Linux. Sistema de arquivos ( NTFS, FAT32, EXT3, EXT4). Distribucións.


4. Enlaces para ampliar información:


http://ticarua.blogaliza.org/software-libre/


https://sites.google.com/site/pfactic0809/sesion-14-30-4-09-conferencia-de-r-stallman-sobre-software-libre#TOC-3.-A-dimension-filosofica-do-softwa


https://sites.google.com/site/pfactic0809/sesion-13-21-de-abril-2009


http://xosevidal.blogia.com/temas/software-libre.php


http://ceiparua.blogspot.com/search/label/TICS


http://internetaula.ning.com/group/softwarelibreeneducacin



Sesión 2: (29-11-2010)   Sistema operativo Ubuntu 10.04


Ubuntu:




Coa implantación do proxecto Abalar o desafío fundamental para o profesorado non consiste en utilizar un sistema operativo pouco coñecido, senón en desenvolver unha metodoloxía innovadora que poida sacar partido dos novos recursos tecnolóxicos presentes na aula. E todo iso de cara a desenvolver as competencias que precisan os cidadáns do século XXI, centradas nos procesos de comunicación e de tratamento da información, nos valores solidarios, cooperación e traballo en equipo, e en lograr autonomía no proceso de formación ao longo da vida.

A utilización de sistemas operativos como Windows ou Linux (Ubuntu) non presenta diferenzas significativas a nivel de uso técnico. Sen embargo, o uso dun ou doutro si que leva asociada unha diferenza fundamental desde unha perspectiva ética e centrada na educación en valores. Linux encaixa dun xeito coherente nun modelo que prioriza os valores solidarios, de cooperación e traballo en equipo. Pola contra, Windows encaixa tamén dun xeito coherente nun modelo que prioriza os valores dominantes no mercado, o consumismo, a competitividade e a prevalencia do ben persoal sobre o colectivo.


1. Instalación de Ubuntu

2. Interfaz gráfica: gnome, kde, unity

3. Menús panel de escritorio: aplicacións, lugares, sistema.

4. Lugares: cartafol persoal, escritorio, computador, rede.

5. Sistema-Preferencias: Aparencia. Efectos visuais.

6. Sistema-Administración: Xestor de paquetes Synaptic, Xestor de actualizacións, Impresoras, Monitor do sistema, Usuarios e grupos.


Exercicios:


. Utiliza a función “Suspender” para saír do sistema e volver a entrar.

. Coloca lanzadores de aplicacións e outras funcións que desexes no panel do escritorio.

. Uso do escritorio: como ser ordenado/a.

. Abre o navegador de arquivos (Nautilus) e accede ao cartafol “Documentos”. Crea un cartafol co teu nome.

. Abre a aplicación “Editor de texto” (no menú Aplicacións), crea un texto e gárdao no teu cartafol.

. Introduce un pincho nun porto USB e copia nel o cartafol creado co teu documento.


. No menú Sistema-Prefencias-Aparencia modifica o tema (Glossy), fondo, tipo de letra (máis grande) e activa os efectos visuais.

. No menú Sistema-Preferencias-Protector de Pantalla activa un tema aleatorio e configúrao para que se active ao cabo de 5 minutos.


. No menú Sistema-Administración-Xestor de Actualizacións, comproba que o sistema está actualizado. No caso contrario descarga as actualizacións e instálaas.

. Conecta unha impresora ao ordenador e instálaa.

. No menú Sistema-Administración-Monitor do sistema, comproba os procesos en marcha e pecha firefox.

. No menú Sistema-Administración-Xestor de paquetes Synaptic busca a aplicación Compiz Fusion e instálaa no ordenador.

. No menú Sistema-Administración-Xestor de paquetes Synaptic, busca a aplicación avant window navigator e instálaa no ordenador.

. No menú Sistema-Preferencias-Aplicativos de inicio, configúrao para que a aplicación avant window navigator se abra ao arrancar o sistema (búscao en ficheiros do sistema-usr-bin).

. No menú Aplicativos-Centro de Software de Ubuntu, busca o xogo Sudoku e instálao no ordenador.


Recursos: presentación abalar.



Sesión 3: Aplicacións básicas en Software Libre


1- Os formatos máis utilizados: doc, odt, jpg, pdf, html, txt... Unhas preguntas:

Cada aplicación recoñece os ficheiros que pode ler grazas á extensión que leva asociada. Despois do nome do ficheiro colócase un punto, e detrás del a extensión ou formato do ficheiro, que soe estar formado por 3 caracteres (nome_do_ficheiro.***)

. Que aplicacións utilizarías para abrir un ficheiro coas seguintes extensións:

. html :

. pdf:

. doc:

. odt:

. jpg:

. txt:


- Os formatos libres e os formatos privativos

- Por que non convén utilizar formatos .doc?


2- Aplicacións básicas: 


. Accesorios: editor de texto, calculadora, buscar ficheiros, captura de pantalla...

. Educación: Gcompris, Stellarium, Tuxpaint, TuxMath, JClic...

. Gráficos: Gimp, Picasa, F-Spot

. Internet: Firefox, Chromium

. Ofimática: OpenOffice

. Son e Vídeo: Rhythmbox, Audacity, Brasero, Pitivi

. Xogos : Xadrez, Lóxica,...



Exercicios:

1. Navegador Firefox:


- Busca a web do diario "El país", "Faro de Vigo", etc.

- Busca información sobre Rosalía de Castro, na Wikipedia.

- Busca en Youtube un vídeo de contido educativo (por exemplo: a fotosíntese) e visualízao no ordenador. [Probar se se poden descargar vídeos de Youtube]

- Busca o blog "Rizando o rizo", do CEIP A Rúa (como exemplo do uso dun blog de aula)

- Descarga un documento calquera, en formato .pdf (que pese pouco) e visualízao no ordenador

- Descarga un documento calquera, en formato .doc e visualízao no ordenador.

- Busca unha actividade JClic para traballar online co teu alumnado.

- Busca a web do "Proyecto Biosfera" e escolle unha actividade de Ciencias da Natureza para o alumnado de 1º de ESO. Engádeo aos marcadores do navegador.

- Consulta un dicionario online, o da RAG. Engádeo aos marcadores do navegador.

- Captura unha  pantalla no navegador e gárdaa como unha imaxe no teu cartafol persoal.



2. Suite ofimática OpenOffice


OpenOffice é unha suite ofimática que utiliza o formato aberto .odf (open document format) que adquire formas diversas segundo o tipo de documento. Esta suite está composta por un procesador de textos (formato .odt), unha folla de cálculo (.ods), un editor de presentacións (.odp), un editor gráfico (.odg) e unha base de datos (.odb). 

- Abre openoffice, crea un documento de texto e gárdao no teu cartafol persoal.

- Abre un documento de texto, convérteo en pdf e visualízao

Abre un documento coa extensión doc e gárdao coa extensión odt.

- Crea unha presentación, visualízaa e gárdaa no teu cartafol.

- Desde a folla de cálculo introduce datos en dúas columnas e elabora unha gráfica. Despois pega esa gráfica nun documento do procesador de textos.


3. Aplicacións educativas


- Stellarium: Abre esta aplicación, visualiza as constelacións do ceo nocturno.

- JClic : busca unha actividade axeitada e visualízaa.


4. Música


- Descarga un ficheiro .mp3 de podcast e reprodúceo no ordenador coa aplicación axeitada.

- Grava un ficheiro de audio no ordenador


5. Imaxes / vídeo


- Descarga unha imaxe calquera de internet e visualízaa no ordenador coa aplicación axeitada.

- Descarga un vídeo calquera (asegúrate que pese pouco) e visualízao no ordenador.


6. Xogos

- Proba algúns dos xogos que veñen instalados no ordenador.



Outros recursos web: 

Editor de fórmulas matemáticas online: http://www.wiris.com/demo/mmleditor/



Comments