Benvida

Avisos recentes

  • Mércores, 6 de marzo, 12ª sesión do PFAC Abalar
    O mércores día 6 de marzo, no horario habitual, celebraremos a derradeira  sesión deste PFAC. Nela os nosos compañeiros/as acabarán de expoñer as programacións elaboradas. E para rematar faremos unha avaliación do PFAC.
    Publicado a 21/02/2013, 03:25 por Xose Vidal
  • Mércores, 20 de febreiro, 11ª sesión PFAC Abalar
    O vindeiro mércores, día 20, no horario habitual, celebraremos a penúltima sesión deste PFAC. Nela algúns mestres/as expoñerán as programacións elaboradas. Os que aínda non as teñan concluídas disporán desta última sesión para rematar.
    Publicado a 15/02/2013, 05:16 por Xose Vidal
  • Xoves, 14 de febreiro, 10ª sesión PFAC Abalar
    Seguiremos despois do Entroido. O xoves, día 14 de febreiro, no horario habitual, continuaremos traballando no deseño de programacións de aula que integren recursos TIC (será a última das 4 sesións previstas). As dúas últimas dedicarémolas á avaliación.
    Publicado a 28/01/2013, 13:03 por Xose Vidal
  • Luns, 28 de xaneiro, 9ª sesión PFAC Abalar
    O vindeiro luns día 28, no horario habitual, continuaremos traballando no deseño de programacións de aula que integren recursos TIC (3ª das 4 sesións previstas)
    Publicado a 23/01/2013, 12:59 por Xose Vidal
  • Mércores, 23 de xaneiro, 8ª sesión PFAC Abalar
    O vindeiro mércores día 23, no horario habitual, continuaremos traballando no deseño de programacións de aula que integren recursos TIC.
    Publicado a 17/01/2013, 12:15 por Xose Vidal
A mostrar mensagens 1 - 5 de 14. Ver mais »

Nesta web recolleremos os contidos das sesións do Proxecto de Formación e Asesoramento en Centros (PFAC) a celebrar no CEIP A Rúa durante o curso académico 2012-2113, e que leva por título:  POSTA EN MARCHA DA AULA ABALAR.

Neste curso comezamos a andaina no proxecto Abalar nun aula de 5º curso de primaria, e este feito vainos servir para que todo o profesorado do centro adquira novas competencias para a
vanzar no proceso de integración das TIC na práctica docente.

Asumimos os seguintes principios:

- O proxecto Abalar é un proxecto do CEIP A Rúa, e non só do terceiro ciclo de primaria. Todo o profesorado do centro é copartícipe da súa implantación. O proxecto debe quedar recollido no PE, na PXA, no RRI e verse reflectido nas programacións de aula.

- O profesorado formamos un equipo do que ninguén ten porqué descolgarse, formamos un tren con tódolos vagóns unidos.

- O proxecto danos unha magnífica oportunidade para actualizar os nosos coñecementos das TIC e dar un paso adiante. O noso alumnado vive inmerso nun mundo tecnolóxico e a escola non pode pecharse ao presente. E debe abrirse ao futuro, porque eses nenos de hoxe serán os adultos de mañá.




Publicada por  Nvrknown
Autor: Clint Chilcott


Subpáginas (1) Avisos