A Santa Compaña?

Somos dun país no que existe a crenza nas ánimas e que éstas se manifestan e teñen a súa vida despois da morte.

Na oscuridade aparece unha procesión de almas en pena, vai encabezada sempre por un vivo, o primeiro que viron esa noite, e si desexa liberarse deles e abandoar tan tétrico cortexo debe entregar os atributos (unha cruz) a outro mortal.

A Santa Compaña está formada por ánimas que van en dúas filas, envoltas en mortallas, coas mans frías e os pés descalzos.

Cada pantasma leva unha luz, pero é invisible, só un cheiro a cera e un lixeiro vento son os sinais de que está pasando a lexión de espectros. Ao fronte vai un espectro de maior tamaño, a Estadea. Algunhas veces levan un ataúde no que vai un familiar do que presencia o paso. Non tardará en morrer!

E o peor de todo é que non é un conto, é real... a miña avoa viuna. Ademáis, se non fose certo, por que ían falar xa os celtas dela?


                                                                                                                                                                                                      

  


POEMA CELTA


        Por veces lembro camiños perdidos
        que só transitan persoas feridas,
        como ánimas en pena sen destino certo,
        longas procesións que buscan a vida

        Marchan pola senda do silencio grave,
        coa vista fixa, sen dicir palabra.
        A xente do pobo sabe de quen falo,
        só que a miran sen querer nomeala

       Ambulan carreiros de bosques pechados
       sempre acompañados da lúa en menguante
       e cruzan os regos de trigais baixos,
       véndose ao lonxe como agonizantes

      Dín que nas noites de ceda néboa
      alumean o seu paso con candís febles.
      Non se ven estrelas, os cans non ouvean,
      como por respeto á Santa Compaña