Albert W. Ketelbey
"Nun mercado persa"
Albert W. Ketelbey (1875-1959) foi un compositor inglés, pero tamén editor de música e director dunha
firma discográfica inglesa. Escribiu música para o teatro londiniense, pero ninguén o recordaría se non houbese
escrito "Nun mercado persa", unha pequena peza de música escrita en 1920, moi popular pola súa forza descritiva e pola fermosa melodía que contén. Con esta obra, Ketelbey intentou pintar con música o bulicio de un mercado de Bagdad.
A obra componse de 10 escenasdiferentes, cada unha delas co seu propio tema musical. Algúns temas
repítense, o que significa que os personaxes, ideas ou situacións que describen, volven aparecer.
ENLACES CON MÁIS INFORMACIÓN: