OS ÁTOMOS TAMÉN SE

EXCITAN

Enrique Zas Arregui contestando as preguntas dos alumnos e dos profesores./GUILLERMO

Esta foi a primeira conferencia do ano. Despois do segundo recreo, tódolos alumnos de 1ªA de bach, 4º de Diver e algúns de 2º de bach baixamos ó salón de actos para facer acto de presencia, vaia a redundancia.

Creo que non me equivoco ó afirmar que o 80% dos asistentes, ó coñecer o tema entorno ó que xiraría a charla (a exploración do universo a través da física), sentimos perder dúas horas de clases normais; pero pronto mudamos de opinión.

A charla comezou cunha pequena introdución feita por Suso Fidalgo a modo de presentación do noso convidado: o astrofísico Enrique Zas Arregui. O home tiña o perfil do típico físico das películas americanas: camisa a raias azuis e granates baixo un polo amarelo poliño, pantalóns negros de pana e gafas. Todo isto complementado por un portátil e diapositivas. Comezou a súa exposición cun “Observamos porque somos curiosos. El hombre desde que es hombre ha observado maravillado las estrellas”.

Enrique desenvolveuse mellor do que pensabamos: abordou o tema cun léxico apropiado e utilizou exemplos sinxelos (coma a comparación dun muelle cunha onda ou a colocación dunha pequena serea nun recuncho da sala cara onde miramos todos cando comezou a soar e co que nos demostrou que distinguimos a diferencia de tempo entre os sons que atravesan os nosos oídos).

Permitiuse facer algúns xogos de palabras como “Los átomos se excitan, pero no quiere decir que hayan visto a una átoma” e empregou algúns termos que parecían sacados dun cómic coma “la materia se aniquila con la antimateria; hacen ¡BUM!”. O profesor misturouse tanto co tema que, cando estaba a falar dos electróns e dos átomos, púxose a camiñar inconscientemente coma se el tamén fose un electrón desprazándose pola súa correspondente órbita. Hai que valorar a actitude dos espectadores, que nos mantivemos en silencio en todo momento (sen contar con algúns “¿y por qué?”).Da charla sacamos algúns coñecementos moi útiles, como saber situar a onda dos 40 Principales na táboa de Megaherzios (90.6) ou que, aínda que o ser humano dende sempre foi moi egocéntrico, en realidade NON somos o centro de nada.