Sobre nós

Biblosvivos é o blog da biblioteca do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas, unha pequena localidade do sur de Pontevedra, Galicia.

No noso instituto estudian ao redor de 300 alumn@s nos diferentes cursos da ESO. Se queres saber máis sobre o noso centro, convidámoste a visitar:

A nosa biblioteca chámase Calixtina en honra ao Códice Calixtino é foi bautizada o 24 de outubro de 2008 coincidindo co Día das Bibliotecas Escolares. Se queres ver os videos do bautizo só tes que premer aqui e aqui.
E se queres que vaiamos de visita virtual preme aqui.

Tamén temos unha mascota Calixtino, ou Cali como nos gusta chamarlle, que naceu como froito dunha actividade levada a cabo para celebrar o Día do Libro de 2009. Nesa actividade, a partires dunha viñeta inicial os alumn@s ían completando unha historia a través dos seus comentarios no blog. Para coñecer a historia completa de Cali preme enriba da súa "foto".

Neste blog contamos coa axuda inestimable dos MQs ou os maqueadores do blog, que son un grupo de alumnos e alumnas que colaboran connosco facendo tarefas diversas: reporteiros, creativos, publicistas, ...

Encántanos recibir visitas e compartir con vós a nosa paixón polos libros, polas boas historias, polos descubrimentos, pola aprendizaxe...

Se queres poñerte en contacto con nós, só tes que enviarnos a túa mensaxe a biblosvivos@gmail.com. Gustariános coñecer a túa opinión e ler as túas suxestións.

Grazas por visitarnos.
O equipo da biblioteca.