Presentación

Os proxectos documentais integrados xorden da necesidade de apoiar dende a biblioteca escolar o currículo. No curso 2012-2013 o Equipo de Biblioteca propón un novo proxecto para traballar no centro cuxo eixe será o noso entorno, o concello do Rosal. Partimos de elementos e de aspectos coñecidos do noso alumnado para espertar o seu interese dende o principio. Con este tema o noso estudo pretendeu involucrar a toda a comunidade educativa.