Introdución

"... a cidade da que se fala ten moito do que se necesita para existir, mentras que a cidade que existe no seu lugar existe menos..."

As cidades invisibles, Italo Calvino


De todas elas falaremos este ano, das que existen e das que non; do que apreciamos nelas cando as observamos detidamente e do que sentimos cando nos mergullamos nas súas rúas; da súa historia, da súa arquitectura, da súa xente... e da súa CULTURA. Comezamos con moita ilusión o noso novo proxecto!