O proxecto deste ano vén marcado polos incendios que se
viviron nesta zona durante o verán. A triste realidade foi a que determinou o
eixe temático deste curso. No pasado estivemos indagando sobre o Rosal: a súa
historia, as súas xentes, a paisaxe … Agora, uns meses despois, comprobamos como
mudou a súa natureza. Aproveitaremos esta terrrible situación para que o alumnado aprenda
a valorar e a coidar o seu entorno. Esta temtática centrará o proxecto que se traballará conxuntamente dende a biblioteca, normalización lingüística e o Plan proxecta que concederon ao centro este ano. |