Proxectos‎ > ‎Robot imprimible‎ > ‎

Como facer un sensor sigueliñas

Que fixemos?

Os Pataca Labs fixemos un seguidor de liñas, que é un robot móvil que sigue unha traxectoria marcada cunha liña, a cal debe diferenzarse do entorno , a maioría das veces é negra cun fondo branco ou a inversa. Para aclarar dudas, aquí vos deixamos un video


Robot sigueliñas


Que compoñentes leva?

  • 2 sensores TCRT5000

  • 2 resistencias de 100 ohmnios

  • 2 resistencias de 4,7 Kiloohmnios

  • placa perforada

  • cables.


Como funciona?

O TCRT5000 é un sensor que percibe cambios de radiación infravermella. A liña negra reflexa de maneira distinta a radiación que o fondo branco. Conclusión: se temos algo que percibe cambios de radiación infravermella e dúas superficies que reflexan unha cantidade distinta de radiación, podemos saber cando o robot está pisando a liña.


Conectando eses sensores aos motores podemos controlar que se apaguen ou se encendan. Se o sensor dereito detecta a liña negra o motor dereito freará e comenzará a andar o motor esquerdo e a inversa. Por iso cando ves o robot funcionando percibes que avanza serpenteando.


Aquí vos deixamos un debuxo moi sinxelo de como funciona: 


20140427_175404.jpg

Como o fixemos?

Cada sensor  sóldase na placa  seguindo o esquema de abaixo, tede en conta que un dos sensores irá ao pin A0 e o outro ao A1 do Arduino.

O esquema, que representa ao sensor, plasmado anteriormente indica que a 5V do Arduino vai unha resistencia de 4700 Ohm que ao mismo tempo se conecta a A0 e se dirixe á patilla indicada no esquema. A outra patilla dese mesmo sensor vai enchufada a GND. No outro sensor, conéctase unha resistencia de 100 Omh á patilla correspondente. A outra patilla dese mesmo sensor vai conectada a GND como ocorria no sensor anteriormente explicado.

Entre sensor e sensor, ten que coller a cinta adesiva asi que é mellor que deixedes o maior espazo posible entre eles. Recomendámosvos mirar onde vai cada elemento antes de soldalo para calcular ben o espazo  xa que a nos costounos o seu traballo poñer os cables e resistencias para que fosen ao seu lugar adecuado. 

Placa soldada

En breve vos poñeremos exemplos de código para usar este sensor co voso robot!

Grazas por lernos!

Comprar materiais:

Para a compra de materias do robot sigueliñas, deixámosvos aquí unhas ligazón:

http://www.ebay.com/itm/10PCS-TCRT5000L-TCRT5000-Reflective-Optical-Sensor-Infrared-IR-Switch-infrared-/200942957928?pt=LH_DefaultDomain_0&hash=item2ec9223568

http://www.ebay.com/itm/2pcs-5x7-cm-PROTOTYPE-Double-Side-PCB-5-7-Panel-Universal-Board-/371033437019?pt=LH_DefaultDomain_0&hash=item566350f35b





Comments