REFRÁNS E LENDAS DO OUTONO

 

 

Algunha lenda

 

Din contos populares toscanos que o castiñeiro ten os mesmos poderes benéficos e máxicos que o carballo. Aínda que a súa sombra da mala sorte. Ó cortares a árbore sae o demo que pode quitarlle a vida se non se lle entrega un fillo ou filla. As castañas son consideradas coma froitos funerarios, cómense a vespera do Dia dos Defuntos ou deixánse para que os mortos as coman durante a noite. Tamén temos moitas semellanzas coa tradición veneciana de comelas o día de San Martiño. As mulleres pobres acodían baixo das fiestras dos ricos a cantar unha longa canción chea de louvanzas e bos desexos, que remataba coa petición das castañas. Estas mulleres representaban ás ánimas do purgatorio.
É tamén coñecido o feito de que pisar unha castaña, ó ires polo monte, fai que a persoa non teña nunca amores. É posible que iso sexa pola súa forma de corazón.
Soñar con castañas crúas, é aviso de ter que facer algo urxente. De seren cocidas, é que a persoa é moi débil de carácter. Se son asadas, é un aviso de precaución. (Recollido na páxina web do Ceip San Francisco Xabier de A Coruña)

 

 

 

 

 

Refráns

 

 (Recollidos en Ceip San Francisco Xabier - A Coruña ):

"Por San Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto"

 

"Castañas, noces e viño, fan as delicias do San Martiño"

 

"Polo San Martiño vai ver o teu soutiño"

 

"Castañas no Nadal saben ben e pártense mal"

 

"Temperá é a castaña que por setembro regaña"

 

"Fíate das castañas asadas, que se estoupan, sairanche á cara"

 

"Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín"

 

 

 

REFRÁNS RECOLLIDOS POLOS NENOS E NENAS DE 4º DO CEIP DE CERVO E PUBLICADOS NO SEU BLOG (BIBLIOTECA DO COLEXIO DE CERVO): 

 

San Migueliño das uvas maduras, moito me tardan e pouco me duran.

A horta en outono mantén o seu dono.


Outono quente trae o demo no ventre.

Polo San Miguel sabe o touciño a mel.

Outono chuvioso ano copioso.

Si en setembro empeza a chover, outono seguro é.

En setembro ou leva as pontes ou seca as fontes.

Moita flor na primavera bon outono nos espera.

A horta do San Martiño ten para el e máis para o veciño.



 

 

 


 

Comments