UDI: O sistema solar III


C.E.I.P. Espiñeira-Aldán    Unidade Didáctica Interactiva

 

 1. O ceo          2. O sistema solar                                  Escolle un novo ciclo

Caza do tesouro : O sistema solar

3. Os movementos da Terra

O movemento de translación

Como todos os planetas do sistema solar, a Terra xira arredor do Sol. Este xiro denomínase movemento de translación.

O tempo que tarda a Terra en dar un xiro completo arredor do Sol chámase ano. Un ano dura 365 días.

Durante o percorrido arredor do Sol, a Terra para por diferentes situacións, que dan lugar ás catro estacións:

  • Primavera. Empeza o 21 de marzo e remata o 21 de xuño.
  • Verán. Empeza o 21 de xuño e remata o 23 de setembro.
  • Outono. Empeza o 23 de setembro e remata o 21 de decembro.
  • Inverno. Empeza o 21 de decembro e remata 21 de marzo.

 O movemento de translación é o xiro da Terra arredor do Sol. Orixina as estacións.

 

 

 

O movemento de rotación

Ademais de xirar arredor do Sol, a Terra xira sobre si mesma. Este xiro denomínase movemento de rotación.

O tempo que tarda en dar un xiro completo sobre si mesma chámase día. Un día dura 24 horas.

Durante o seu xiro, o Sol vai iluminando unha parte do planeta, mentres que deixa en escuridade a outra parte. Na parte iluminada é de día e a que está en escuridade de noite.

O movemento de rotación é o xiro que dá a Terra sobre si mesma. Orixina o día  e a noite.