Introdución

A regueifa pode referirse a[1]:

  • Regueifa (comida): Pan doce que se regalaba aos invitados dunha voda e aos veciños dos noivos.
  • Regueifa (canto): Cantar entre dúas ou máis persoas para disputaren un pan de vodas, ou por extensión, para se divertiren.

A regueifa[2] é un bolo de pan, propio das vodas, feito con fariña triga, ovos, manteiga, azucre e moi ben adornado de lambetadas, que podía ser disputado de dúas maneiras: improvisando cantigas de porfía ou bailando unha muiñeira de puntos moi difíciles e artísticos. A regueifa era entregada pola noiva á persoa vencedora na disputa e esta quedaba encargada de repartila entre as solteiras e solteiros asistentes. Ás persoas participantes no xogo chámaselles regueifeiras ou regueifeiros e esta forma acabou por ser utilizada para denominar a todos aqueles que, con bolo ou sen el, nunha voda ou en calquera outra circunstancia, compiten coa palabra para demostrar a súa agudeza e capacidade de improvisación.

       

Onde existen as Regueifas

Podemos atopar regueifas en moitos lugares e con moi distintas denominacións:

-        Desgarra ou desafíos en Portugal  (con Delfín, Mariño, o Canario....) en forma de quintillas.

-        Versolaris, en Euskadi.
 
-        Palladores, en Arxentina.

-        Repentistas, en Murcia.

-       Os brindeiros (A Louzarela, O Courel) fan a pelota nas inauguracións. Son versos de loa.

 [1] Traído desde "http://gl.wikipedia.org/wiki/Regueifa"

 [2]  vello.vieiros.com/regueifa.html –

 Obradoiro de Regueifas no Segrel

Benito Lobariñas e Josinho da Teixeira