Página principal

          A FINALIDADE DESTE CUATRIMESTRE VAI SER REPASAR OS DERRADEIROS ACONTECEMENTOS DA HISTORIA A PARTIR DO SÉCULO XX, PARA CHEGAR A COMPRENDER UN POUCO MELLOR O MUNDO EN QUE VIVIMOS, COS SEUS CONFLITOS E NOVIDADES SOCIAIS, PARA ASÍ PODER VALORAR A REALIDADE DA GLOBALIZACIÓN, REALIDADE NA QUE NOS VEMOS INMERSOS COS SEUS ASPECTOS POSITIVOS E NEGATIVOS.

     PARA LOGRAR ESTES FINS CONTAREMOS COS APUNTAMENTOS QUE PODEREDES ATOPAR NESTA MESMA PÁXINA E COS QUE VOS MESMOS TEREDES QUE ELABORAR A PARTIR DEUN MATERIAL QUE VOS FACILITAREI. UNHA PARTE IMPORTANTE DO CURSO CONSISTIRÁ NA REALIZACIÓN DE EXERCICIOS, UTILIZANDO ÁS VESCES ESTAS NOVAS TECNOLOXÍAS; A TRAVÉS DELES PODEREI VALORAR A VOSA CAPACIDADE DE COMPRENSIÓN E DE RAZOAMENTO, ASÍ COMO O VOSO ESPÍRITU CRÍTICO.

SEMANA DO 19-23 FEBREIRO
          Esta semana fixemos na aula dous exercicios do Tema 5 (apartado Tarefas) da páxina web:
 sites.google.com/site/evolucionhistorica.       Serían comentar o texto do exercicio 8, e do exercicio 9 comentar as frases que aparecen no video nos minutos 2'26, 2'57, 4'02, 5'25


SEMANA DO 26- 2 MARZO
             Esta semana fixemos os exercicios 2 e 3 do apartado Tarefas do Tema 1: "A Iª Guerra Mundial". Data límite de entrega día 7 de Marzo


SEMANA DO 5-9 MARZO
      Deberedes facer
os exercicios 4,5 e 6 (resumo do video) do apartado Tarefas, do Tema 1

SEMANA DO 12-16 MARZO
     
Esta semana comezamos a facer o derradeiro exercicio do apartado Tarefas do Tema 2.  Trátase de responder ás preguntas utilizando os enlaces ás páxinas web ofrecidas no propio exercicio. De tódolos xeitos, aínda non fixemos máis que a pregunta número 1. Terminaremos este exercicio a próxima semana

SEMANA DO 9-13 ABRIL
     
Esta semana fixemos o exercio "Viaje por Europa" do tema 3, apartado Tarefas. Comezamos a facer a mini-quest que se atopa nesa mesma páxina

SEMANA DO 14-19 ABRIL
    Terminamos o Tema 4 e fixemos o exercicio 1 do apartado Tarefas

SEMANA DO 23-27 ABRIL
    Terminamos o Tema 5 e fixemos exercicio 1 do apartado Tarefas. Comezamos a traballar en grupo para realizar a actividade prevista no documento adxunto que se atopa nese mesmo apartado


SEMANAs DO 21-30 ABRIL
      Deberedes facer os exercicios 3, 4, 5 e 10 do apartado Tarefas do Tema 7 "Franquismo e Transición democrática"


Subpáginas (1): Preavaliación