BENVIDOS UN ANO MÁIS!

Como ven sendo habitual quérovos dar a benvida a un novo curso. Un novo curso cheo de ilusións, proxectos, excursións, risas pero tamén moito traballo. 

Como sabedes, a responsabilidade no traballo, na organización das vosas libretas, esquemas,  presentación dos traballo e o estudo diario é unha parte fundamental na vosa tarefa durante o curso. 

Toda esta responsabilidade será a que o día de mañá vos facilite moito as cousas, non só no colexio senón, no día a día das vosas vidas.

Traballaremos de forma combinada facendo proxectos, maquetas, presentación e moitas actividades de carácter práctico. Deberemos estar moi atentos ás axendas e ao blog da clase para levar ao día todo o traballo e superar sen ningún problema esta nova etapa final da Primaria.


Persoalmente vos axudarei da mellor forma que saiba e continuarei o bo traballo feito polas vosas anteriores titores Dolores e Ana para que poidamos compartir experiencias, resolver problemas e seguir crecendo tanto profesional, academica e , sobre todo, persoalmente xuntos.



Resultado de imaxes para material escolar animado
   
  "O Noso Recuncho"  será o blog que imos  empregar ao longo deste curso 2018-2019 e pretende ser unha ferramenta de axuda á hora de estudar,  tamén para aprender ou repasar os contidos xogando  ou un momento de lecer cos documentais e fotos das distintas actividades que fagamos ao longo deste curso.
 Tamén podedes colaborar suxerindo ou aportando materiais interesantes para a vosa aprendizaxe.          
                          Comezamos!!!  
                                               Un saúdo!!!!!!
                                                                   Susana.