O noso lugar para reunir recursos para traballar a igualdade

Como unha nena

Coñeces calificativos como "nenaza"? Oíches algunha vez utilizar expresións como "corres como unha nena", "chutas como unha nena"? Que queren dicir exactamente con iso? Que é "pelexar", "lanzar", "correr como unha nena"?

Como unha nena


A PUBLICIDADE

A televisión é un elemento que temos en todas as casas, e en moitas ocasións, repetida. A través deste medio chegan constantemente mensaxes ás nosas casas, anunciando produtos para que compremos os maiores e os pequenos. Aquí temos unha colección de anuncios que poden axudarnos a vernos reflectidas e reflectidos na publicidade. Que pensas deles?

Videos sexistas





COMO TE SENTIRÍAS?

Hoxendía, o móbil é un dos instrumentos máis utilizados nas relacións persoais. Sabemos utilizalo correctamente? Sabemos como defendernos cando se utiliza mal?


SIRIA

A vindeira semana recibiremos a visita dunha mestra procedente de Siria, un país que está na outra beira do Mar Mediterráneo. Se queremos saber máis sobre Siria, dispoñemos desta páxina para investigar:

COÑECEMOS SIRIA


Malala

Malala Yousazfai ten 12 anos. Cando a escoitamos falar parece moito maior. Por que? Aquí temos un resumo do seu discurso:

Vídeo de YouTube

De onde ven Malala? Cal é a súa historia? Se queres ver o discurso íntegro, preme aquí.

Por que o 25 de novembro?

O 25 de novembro celebramos o "Día internacional contra a violencia de xénero". Elixiuse esa data para conmemorar o violento asasinato de tres irmás : Patria, Minerva e María Teresa Miraval, a mans da policía secreta do ditador Rafael Trujillo na República Dominicana. Os seus cadáveres foron atopados no fundo dun barranco, simbolizando a partires de entón a loita e a resistencia das feministas latinoamericanas.
Foi declarado así no I Congreso Feminista de Latinoamérica e do Caribe en Bogotá (Colombia) en xullo de 1981. 

En 1999 , a ONU deu carácter oficial a esta data.

Para traballar desde distintos aspectos a prevención da violencia contra as mulleres, temos seleccionados distintos recursos. Moitos deles están extraídos do blog "Trafegando Ronseis"

Outros están compartidos xenerosamente no foro do PLAMBE, e proceden de aportacións de distintos centros de Galicia. 


Desde a Biblioteca Vilar Ponte, buscan novos finais para vellos contos:

YouTube Video


A canción "A rumba das apertas" está incluída no libro "A nena e o grilo", e dí así:

"Doutor, doutor, recéiteme apertas,
xornadas de portas abertas, 
raios de sol de porcelana,
facer o que me veña en gana.
E tamén quero unha pandeireta,
que as miñas mans sexan dúas pombas
e que repartan aloumiños
os debuxos que fan as sombras.

Doutor, doutor...

Doutor, que teño frío,
e as apertas non dan chegado;
meu amor foi lavar ao río
e o río baixa conxelado.
Hoxe na lama non hai ninguén,
andamos todos de etiquea,
agás a miña nena da alma, 
que anda a pasear en bicicleta
por unha illa azul e branca,
chea de flores e bolboretas,
onde as cancións toman un folgo
cando ninguén as interpreta.

Doutor, doutor..."


Coordinados pola Xunta de Galicia, varios institutos e escolas de Caldas de Reis elaboraron este video, "É hora de mudar":

YouTube Video

O machismo está, por desgraza, presente na nosa vida. Hai anos, podíamos ver pola tele anuncios coma este, de "Soberano":

YouTube Video

E aínda son moi comúns estas frases, que nos servirán como punto de partida para as nosas reflexións:

YouTube Video


En inglés, dispoñemos deste fermoso video, "Because I´m a girl" ("Porque son unha nena").

YouTube Video


E para ver e comentar cos maiores, esta fermosísima curta, dividida en dous fragmentos:

YouTube Video


YouTube Video


O rexeitamento da violencia contra as mulleres está recollido magníficamente nesta serie de carteis, que compartiron desde "Trafegando Ronseis".