Xosé A. Perozo
Biblioteca Escolar. Ceip. Milladoiro. Malpica
Perozo veu falarnos de Claudina. A tartaruga que existiu de verdade e tomou o seu nome do medicamento que, a causa dunha gripe, andaba a tomar aqueles días a filla do escritor. Esta anécdota encantou a nenos e nenas.
Anda o autor noutras andanzas que xa non son precisamente as da literatura infantil, tal vez por eso agradeceunos a invitación e o tempo marabilloso que, segundo el, pasou cos nosos escolares.