Colocar recursos en liña na Aula Virtual do centro.


Titorial

Cando o curso pasado fixemos as WQ topamos co problema de ¿onde colgalas? Finalmente conseguimos un hosting gratuíto e resolvimos o problema provisoriamente.
Digo provisoriamente porque eu non gustaba moito dós banners publicitarios que lle saían

Este ano aprendín, por fin, como colgalas na web do centro que é o seu lugar natural: non é o mesmo que un recurso teña o enderezo web do centro que o produce que teña.... Tamén a imaxe conta.

 

1.-Entrar na Aula Virtual. Precisarás que o Administrador te teña dado de alta como profesor/a. Usuario e Contrasinal.

2.-Engadir un novo curso.

 

3.-Na casiña Disponibilidade seleccionar Permitir o acceso a convidados sen chave.

 

4.-Unha vez no curso, segue esta ruta:

      • activar edición

      • engadir un novo recurso

      • ligazón a un ficheiro ou sitio web

      • escoller ou cargar un ficheiro

      • cargar ficheiros

      • cargar este ficheiro.

        • Debemos cargar a carpeta de ficheiros comprimida

      • Descomprimir

      • Aceptar

      • Seleccionar ESCOLLA do ficheiro que é a primeira páxina (xeralmente Index)

      • Gardar e volver ó curso


Xa temos o recurso en liña.


Mª Olga Rguez. Díaz

Responsable de Biblioteca do Ceip. Milladoiro de Malpica

Out. 2009