Educación Documental

Biblioteca Escolar. Ceip. Milladoiro.Malpica

 

 

3º Premio MEC 2007 Bibliotecas Escolares

 

 

Baseándonos nos traballos da profesoras Mónica Baró e Teresa Mañá, e nos distintos documentos que foramos elaborando en cursos anteriores, no curso 98/99 puxemos en práctica este Programa de obxectivos e contidos de educación documental para os nosos escolares.

O Programa axudou a que o conxunto do profesorado se sentira amparado no traballo que levaba a cabo en relación á busca de información e ó uso da biblioteca.

Hoxendía a nosa práctica non responde exactamente ó que nela se describe: o traballo nas aulas ano tras ano fixo que foramos pulindo os obxectivos, modificando algúns, ampliando outros...,  pero eso non diminúe o inmenso valor que pode ter para servir de punto de partida a quenes comecen hoxe esta andaina da ED desde as aulas de EP.

Neste sitio iremos engadindo outros documentos que usamos na nosa práctica habitual.

 Mª Olga Rodríguez Díaz