Copy of

Lendas


Lendas da costa malpicá escritas polos nenos e nenas do Ceip. Milladoiro no curso

 2008-09

Páxinas e documentos que podes consultar:

ANIMAIS:

arao

aves mariñas

cetaceos

aves rapaces

mamíferos

LENDAS:

galiciaencantada

Máis lendas

...e máis

SERES MÍTICOS:

seres miticos galegos

PARA SITUARTE:

 Mapa da costa malpicá

 

Presentación 

O gusto por contar e escoitar historias é tan vello coma o mundo. Xentes de  tódolos rincons do mundo, de tódalas épocas da historia gustou, gusta e gustará de contalas e escoitalas.

Escoitar unha lenda sempre nos pon a pensar se será verdeade o que contan, se ocorriría de verdade, por que hoxe non ocorre...

A nós quédannos como herdanza para seguir contando de xeración en xeración, de pais a fillos, de avós a netos

Seguro que coñeces a lenda do Castelo de Mens, e a de Santo Hadrián,  a de ...

¿que che parecería ser ti quen inventaras unha cos teus compañeiros?

Unha historia con tódolos seus ingredientes: o heroe, o problema,o suceso máxico,  a solución (se cadra...)

Unha historia que logo contarás na casa, ós teus amigos, ós teus fillos, ós teus netos ¡cando os teñas!)... unha historia que perdure e, algún día seguiráse a contar e xa ninguén saberá quen a escribeu. Só tí e os teus amigos saberedes que fúchedes quen de inventar unha lenda.

Tarefa

Pois iso, precisamente, é o que teredes que facer: inventar unha lenda

Pero, para que dure moitos anos terá que ser moi, moi críble: parecer que foi verdade, alomenos en parte.

Podedes explicar porque ese sitio se chama así, ou cal é a explicación de que ese monte esté aí, ou esa praia teña esa forma... Podedes explicar porque viven aí tantos/as... ou non hai ningún/nha.... ou o suceso que deu lugar a que esa aldea esté nense sitio...

Teredes que:

  •  escoller ben ó/á protagonista,
  • situalo no anaco de costa que vos tocou
  • selccionar a quenes lle axudarán. Personaxes como os mouros, fadas, encantos, trasnos... poden ser de moita axuda
  • escoller un bo inimigo ou pensar ben cal pode ser o problema que terá
  • incluir un elemento máxico ou fantástico. e darlle un final sorprendente, ou enigmático... ou deixalo no aire...

Procedemento

Na marxe esquerda desta páxina hai algúns documentos que podedes usar para saber algo máis de algúns animais, plantas... da nosa costa. Consultádeos para escoller ben e darlle a cada quen as  súas carácterísticas.

Lembrade, tamén as cousas que sabedes de Malpica, do mar... así como historias que vos contaron, outras lendas...

O resultado

O resultado será unha nova lenda que escribiredes entre todos e todas  os da clase.

Aqui está o espazo que preparamos para que a escribades e poida ser lida desde calquera lugar do mundo.

Pinchando sobre o título da do teu curso entraredes na vosa páxina.

Podedes incluír imaxes. E...

¡a contar!

E.I. Alda e Lala. A lenda do castelo durmido

1º.- O fogar de Buli

2º.- A abella Bica e o lagarto Laguixón