OLGA NOVO, AS PALABRAS VERMELLAS

Olga Novo. 
Nace en 1975 en la aldea lucense de Vilarmao (Pobra do Brollón). Licenciada en Filología gallego - portuguesa, ejerce la docencia en la enseñanza secundaria. Ha colaborado en numerosos medios y publicaciones literarias especializadas como Unión Libre. Cadenos de vida e culturas Moenia Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura Ínsula , entre otras. Ha dirigido la revista Ólisbos , codirigido con la también poeta Yolanda Castaño, la publicación Valdeleite y ha formado parte del consejo de redacción de revistas como Animal, Unión Libre Xistral.
Como poeta, se dá a conocer a través de revistas como Clave Orión, Ólisbos Festa da palabra silenciada Dorna . En 1996 publica su primer poemario, A teta sobre o sol (Ed. Do Dragón; 2ª ed. Letras de Cal, 1999). Con su segundo libro, Nós nus (Xerais, 1996), es galardonada con el premio Losada Diéguez de Creación. En 2001 se publica el libro de artista Magnalia (Ed. Espiral Maior), en el que colabora con el también poeta Juan Abeleira y la pintora Alexandra Domínguez. Su última obra poética es A cousa vermella (Espiral Maior, 2004).
Su obra ha sido recogida en antologías como La flama en el espejo (México, 1998), Mulher a fazer vento (Lisboa, 1998), Yo es otro. Autorretratos de la nueva poesía (Madrid, 2001), Diálogos de la lengua (2001) o Spain (Poetry from the Castilian, Catala, Basque and Galician languages) (Atlanta, 2003), entre otras. Ha sido traducida al castellano, francés e inglés.
Estudiosa de la literatura, ha dedicado numerosos ensayos y estudios en revistas especializadas sobre autores como André Breton, Fernando Pessoa, Eugenio Granell, Xohana Torres, Luz Pozo, Ánxel Fole, Antón Avilés de Taramancos, etc. En este ámbito ha publicado los libros Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (Positivas, 1996) y O lume vital de Claudio Rodríguez Fer(1999). Su última obra de crítica literaria es Uxío Novoneyra: lingua loaira (en prensa).
                                                                 
"gustame amar acodada a unha besta" Joyce Mansour


VELENOS PARA A TÚA BOCA
                                                                                   Para Xosé Presa, na memoria


aínda me segue impresionandoun bufar de animais
que sube polas táboas do meu cuarto desde o curral.

e o sangue que quedou dos escapados bo batán,
o modo en que condensa a voz quen se despide para sempre.

o meu avó contruía os teus reloxos.
cortaba o pan  e cun coitelo a densidade do medo que non  se vai dun corpo tral guerra.

porque nós non sabemos cavar tumbas para enterrar-los fillos.
nunca sentimos o frío pasar dos ósos para adentro.

¿con canta metralla serías ti capaz de amarme?, di.

eu comín as túas raíces sabendo que o veleno me abrasaria a gorxa.

o meu avó ensinoume a vivir rozada polas balas.


NANA

eu queria convocarte ós ventos do muiño
porque sabia que eras quende ler no útero profundo do gran do trigo.
mentras setembro cedía a túa pel para o crepusculo.


a teta sobre o sol

aquilo era a maduración final de toda a miña lava
e a entoación rotunda dos meus cantos de nena
a absoluta forza coa que tiraba polo carro
recibindo o alento dos beizos doutra vaca.
bailar en maio exactamente igual que se rebentaras uvas
deixarte alimentar beber coma quen vive
o leite derradeiro
saíndo dunha teta disposta sobre o sol.

A teta sobre o sol (1996)


la teta sobre el sol

aquello era la maduración de toda mi lava
y la entonación rotunda de mis cantos de niña
la absoluta fuerza con la que tiraba por el carro
recibiendo el aliento de los labios de otra vaca.
bailar en mayo exactamente igual que si reventaras uvas
dejarte alimentar beber como quien vive
la leche última
saliendo de una teta dispuesta sobre el sol.



A teta sobre o sol (1996)



os líquidos íntimos
 
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.
algunhas conservan estirados os nomes que gravei a navalladas
tódalas tardes ó volver da escola.
acostumada a tirar por un poema como por un becerro
cando se lle ven as patas,
cando xa non se está en idade de medrar
toda maduración require un desgarro de tendóns
entón é cando corren polo meu peito rabaños de cabras
que non se dirixen a ningunha parte,
sóbenme ás paredes desde as que te vexo,
arrancan coa lingua o pasto mentres te vas.
o tacto dos teus violíns faime chorar terriblemente.
e case non podo soportar que as túas mans me acariñen
como a la dos xerseis que me facía a miña nai cando era nena.
pero coa miña pel
coa miña pel podes facer enxertos nas mazairas.

Nós nus (1997)

los líquidos íntimos

con mi piel puedes hacer injertos en los manzanos.
algunos conservan estirados los nombres que grabé a navajazos
todas las tardes al volver de la escuela.
acostumbrada a tirar por un poema como por un ternero
cuando se le ven las patas,
cuando ya no se está en edad de crecer
toda maduración requiere un desgarro de tendones
entonces es cuando corren por mi pecho rebaños de cabras
que no se dirigen a ninguna parte,
me suben a las paredes desde las que te veo,
arrancan con la lengua el pasto mientras te vas.
el tacto de tus violines me hace llorar terriblemente.
y casi no puedo soportar que tus manos me acaricien
como la lana de los jerseys que me hacía mi madre cuando era niña.
pero con mi piel
con mi piel puedes hacer injertos en los manzanos.

Nós nus (1997)



ESTA SERÁ NA MORTE
A MIÑA ÚLTIMA PALABRA:
QUÉN ME DERA SER GATA
PARA VIVIRTE SETE VECES.

Nós nus, 1997.

ÉSTA SERÁ EN LA MUERTE
MI ÚLTIMA PALABRA:
QUIÉN ME DIERA SER GATA
PARA VIVIRTE SIETE VECES.
 

Nós nus, 1997

29 de xaneiro do 2002.

Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.

une saison en enfer. repite comigo Une-Saison-En-Enfer.
trinta xeracións de meu analfabetas Eu estou aprendendo a ladrar.
marcar un nunca territorio coa epiglote
coma un cadelo coma un can de palleiro
escadelearme ata volver en min en can entón pronuncio
Walt Walt
Walt Whitman mamá.

estou aprendendo a ladrar.
póñome de cu pró sol agárrome a unha aixada e
tento imitar o son do cuco do cuco de cu pró sol entón
a miña gorxa esprémese de dor
e oulan coma nunca os futuros posibles que nos fan esbombar as veas
coma unha pota de leite na lareira.

os ollos do meu amor levan dentro
o troupeleo dos chocallos uncontrautro uncontrautro
da novena sinfonía de Gustav Mahler
mamá.

e eu míroche prós ollos prós olliños estás tan cansa
pero eu non e aquí
é o intre da furia can
escoito con atención a campá de cris
tal dos teus soños incumpridos
coma unha escultura delicada de Brancusi
de Cons tan tín Brancusi.

unha vez e outra vez o corazón grandísimo
igual ca unha cerrota andoa o outono es ti ou ou ou loba
velaquí me tés bailando berrando choutando
unha mestra gutural un volcanciño gutural
coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf coma Virginia Woolf.

eu míroche prás mans podería lamberche as cicatrices das mans
ata que deran luz
e curarche as hernias discais cun só verso alexandrino
cunha sílaba de centeo cru cun oh-là-là e despois despois
contar unha por unha as túas canas enraizadas nas idades do mundo
a túa lingua plantígrada mamá
podería mesmo reestructurarche a osamenta
co implante dunha canción anarquista.

ás veces sinto a dor sedimentándose
lámina
por
lámina
coma a pizarra:
é un esguince emocional chantado na caluga
e para ladrar así ás veces é preciso chorar iodo
abrir os xeonllos cunha gadaña ata ver o sol tan preto
a tres centímetros do iris
mamá
eu tiña que mamar da túa médula
asombrar o mundo cando che baixa a compaixón ás caries
e ós peitos
caídos
co cansazo.

para poder ladrar eu tería que rillar durante anos
a túa alerxia ó pó á peluxe dos chopos
a túa anemia circulando en sentido inverso polo sangue
tería que ir contigo enterrar ó teu irmán de vintesete anos e
apretar a meixela para non tronzar a lingua
coa súa tuberculose mamaíña.

ben sei eu que para poder ladrar
tería que ir contigo á miña infancia
e verme case morrer deshidratada
e pregarlle á virxe na que non cres
que me devolvera á vida de tres meses e medio
e soldarme no teu colo para sempre
coma unha peza de ferro do teu ventre.

non penses que non sei que para poder ladrar
tería que ir contigo ás derradeiras horas
da mamá Carmiña agarrada ás catro puntas do seu pano
e ó teu bazo.

ben o sei ben sei eu todo
que para eu aprender este ladrido
á fin fixeron falla
mil mulleres lavando a reo no río de Saá
e mil arando e dúas mil cosendo e cinco mil
apañando cozas e garabullos no medio do monte e Ti
sobre todo ti plantando pinos nun serragoto inmenso
desaprendendo canto es
esfuracando as túas dúbidas.

Querida mamá: estou aprendendo a ladrar.

alguén me ve abríndome a queixada ata que a fendo e digo xa
xa ladro ou coma o can non non
coma Camille Claudel coma Camille Claudel coma Camille Claudel
coma Camille mamá no mármore
coma Camille
coma Walt Whitman Walter Benjamin vou mamá
vou deica ti
vou eu vou
outa
outa
ouh...




POLAS mañás a miña saia presente as correntes da auga subterránea.

xa a miña avoa logo de ter sido raíz profunda de loureiro

decidiu que queria ser poceira.

pero eu

que sigo as rotas secretas das correntes da auga

que chegarei ó lugar onde todas se  encontran para destecer un lenzo branco

decidirei explotar en bévera

ou romperme ante ti coma un hime de carne de figo.




                                                                                                                                                                                                                                        A cousa vermella (2004)



NON HAI AQUI ANIMAL QUE CONTEÑA

o resultado final da túa transparencia.

porque ti non subiches á barca de Noé

quedaches fascinado polas augas do dioivo

e preferiches morrer para ver o mar completo



ASTROLABIO


Sachar en ti

ou pasar por derriba da terra.

                                                   ...


estou a punto de ceibarme

e arríscome a ti cando veño vesubia.

quizais afinque nas pereiras

disposta de paxaros como troqueis.


acadara-lo sabor do licor do salitre

e na desolacion final ante o abismo

zoarás todo aquilo

que nos ceibabas nos ollos

                                                           a cachoeiras.



29 de enero del 2002.

Querida mamá: estoy aprendiendo a ladrar.

une saison en enfer. repite conmigo Une-Saison-En-Enfer.
mis treinta generaciones analfabetas Yo estoy aprendiendo a ladrar.
marcar un nunca territorio con la epiglotis
como un can como una perra cualquiera
emperrarme hasta volver en mí en can entonces pronuncio
Walt Walt
Walt Whitman mamá.

estoy aprendiendo a ladrar.
me pongo de culo al sol me agarro a una azada e
intento imitar el canto del cuco del cuco de culo al sol entonces
mi garganta se exprime de dolor
y aúllan como nunca los futuros posibles que nos abomban las venas
como un cazo de leche vertiéndose en el fuego.

los ojos de mi amor llevan dentro
el tintineo de los cencerros unocontraotro unocontraotro
de la novena sinfonía de Gustav Mahler
mamá.

y yo te miro a los ojos a los ojitos estás tan cansada
pero yo no y aquí
es el momento de la furia can
escucho con atención la campana de cris
tal de tus sueños incumplidos
como una escultura delicada de Brancusi
de Cons tan tín Brancusi.

una vez y otra vez el corazón tan grande
como una seta enorme el otoño eres tú auh auh auh loba
aquí me tienes bailando gritando saltando
una maestra gutural un volcancito gutural
como Virginia Woolf como Virginia Woolf como Virginia Woolf.

te miro las manos podría lamerte las cicatrices de las manos
hasta que dieran luz
y curarte las hernias discales con un solo verso alejandrino
con una sílaba de centeno crudo con un oh-là-là y después después
contar una por una tus canas enraizadas en las edades del mundo
tu lengua plantígrada mamá
podría incluso reestructurarte la osamenta
con el implante de una canción anarquista.

a veces siento el dolor sedimentándose
lámina
por
lámina
como la pizarra:
es un esguince emocional clavado en la nuca
y para ladrar así a veces es preciso llorar yodo
sajarme las rodillas con una guadaña hasta ver el sol tan cerca
a tres centímetros del iris
mamá
yo tenía que mamar de tu médula
asombrar al mundo cuando te baja la compasión a las caries
y a los pechos
caídos
de cansancio.

para poder ladrar yo tendría que roer durante años
tu alergia al polen a los vilanos de los chopos
tu anemia circulando en sentido inverso por la sangre
tendría que ir contigo a enterrar a tu hermano de veintisiete años y
apretar la mandíbula para no partirme la lengua
con su tuberculosis                                              mamaíta.

sé muy bien que para poder ladrar
tendría que ir contigo a mi infancia
y verme a punto de morir deshidratada
y rogarle a la virgen en la que no crees
que me devolviese a la vida de tres meses y medio
y soldarme en tu regazo para siempre
como una pieza de hierro de tu vientre.
no pienses que no sé que para poder ladrar
tendría que ir contigo a las últimas horas
de la abuela Carmen agarrada a las cuatro puntas de su pañuelo
y a tu bazo.

yo sé muy bien sé todo
que para aprender este ladrido
al fin hicieron falta
mil mujeres lavando sin cesar en el río de Saá
y mil arando y dos mil cosiendo y cinco mil
recogiendo leños y raíces en mitad del monte y Tú
sobre todo tú plantando pinos en una sierra inmensa
desaprendiendo cuanto eres
agujereando tus dudas.

Querida mamá: estoy aprendiendo a ladrar.

alguien me ve abriéndome la mandíbula hasta hendirla y digo ya
ya ladro ouh como el perro no no
como Camille Claudel como Camille Claudel como Camille Claudel
como Camille mamá en el mármol
como Camille
como Walt Whitman Walter Benjamin voy mamá
voy hacia ti
voy yo voy
alta
alta
auh...

A cousa vermella (2004)
 

INTERPRETACIÓN LIBRE DAS GNOSIENNES
PARA NINA
 

                                              Lent

 
agora escoito cómo rompes a falar
no medio da primeira Gnosienne de Erik Satie
e case me fas chorar véndote comer pan duro e lardo só
bebendo a chuvia a bocanadas
... o tempo circundaba
detíase nos bucles do teu pelo de primeira comuñón
cheíño de piollos e néboa pecha.
seguramente fuches o primeiro que vin
e parecíchesme un paxaro deses que viven na Camarga
e fan niños nas rosas
(soporto mal este primeiro tempo do poema esta dureza
a convicción de te querer máis que a min mesma)
máis aló dos panos que retirabas de min cheos de pis
e de palabras
cal é o mecanismo a roda que retorna trinta anos para atrás a vida
e se detén no intre en que me aprendes a escribir a letra «e»
que eu tornaba en espiral sen fin:
eu quería escribir unha letra un signo que non acabe nunca
só ti
un ser cabalar
unha noción cabalística un lí mi te levándome ó carrelo
porque xa estou tan cansa de andar de andar
co meu vestido de mazaíñas e cos zapatos da festa brancos
olendo a canfort polo infinito adiante

                                                                                                                pas vite    pas vite.                                                                                                  

                                                                                                                



                                      Avec étonnement


t
ropecei contigo nesta franxa do tempo e do espacio
eu
biquei os teus dedos un
por un:
estou no medio do soño dos pexegos de Akira Kurosawa
e síntome completamente feliz.


                                        Lent

Johannes Cernota interpreta un pregue da túa vida
que tal vez nin recordas
estou ardendo e ninguén ten tanta pel sobre o seu corpo.
pido máis lentitude
un harmónico que chegue a triturarme as pestanas
máis
despacio

o nó que me ennobela toda a gorxa ten a cor indescifrable
dunha manta de cadros que teciches
e os corenta graos de inclinación do teu espírito de nena de cinco anos
sobre o fregadeiro.

escoita isto e di se non son as flores da erdeira abrollando
fíxate ben: a túa bondade fai exactamente ese ruído.
    

                                Lent, sans presser


existe unha fonte a trescentros metros de profundidade
ó sur do Mont Ventoux
que ti non viches nunca e sen embargo

se viras qué idéntica es a un mínimo seixo que esvara desde o cume
e por amor ó ar se precipita á auga
sabendo que afondará para sempre...

é coma cando velabas o meu sono, ¿acórdaste?
e ós oito anos aforrabas tres pesetas para mercar
unha cousa fermosísima pra min
que aínda case non falaba:

unha posibilidade entre dez millóns
de eliminar cun asubío a certeza dunha tristeza rigorosa
en forma de trebón
pero ti es así.

                 Moderato, souple et expresif

nunca che dixen que cando me peiteabas
os cabelos que sen querer me arrincabas
marcaban na caída un tempo musical extraordinario.

que cando me dabas de comer
o mundo
de repente
xiraba cara a algún plan de paz.

que cando me calmabas o pranto
chegabas ata as frebas que me medraban dentro
e tíñate comigo desde a mañá á noite.

que os quistes que nacían no teu peito
eran restos de masa estelar.
non chores, anda
este quinto movemento só era pra dicirche
que quería escribir unha letra
un signo que non acabe nunca
e darcho.

como me dabas ti as lambetadas á chegada da escola
a tortilla francesa da merenda a túa respiración
se fixera falla.
só era para que a xeada non se che meta nos dedos este inverno
cando vaias buscar garabullos á memoria
e facer lume con eles para que eu non pase frío.

só era que eu quería escribir unha letra
un signo que non acabe nunca nunca
e darcho.



                                   Avec conviction e avec une tristesse rigoureuse


A cousa vermella (2004)

 
INTERPRETACIÓN LIBRE DE LAS GNOSIENNES
PARA NINA
    

                             Lent


ahora escucho cómo rompes a hablar
en medio de la primera Gnosienne de Erik Satie
y casi me haces llorar viéndote comer pan duro y lardo sólo
bebiendo la lluvia a bocanadas
… el tiempo circundaba
se detenía en los bucles de tu pelo de primera comunión
cargado de piojos y niebla densa.

seguramente fuiste lo primero que vi
y te tomé por un pájaro de esos que viven en la Camarga
y hacen nidos en las rosas
(soporto mal este primer tiempo del poema esta dureza
la convicción de quererte más que a mí misma)

más allá de los paños que retirabas de mí llenos de meos
y de palabras
cuál es el mecanismo la rueda que retorna veinte años atrás la vida
y se detiene en el momento en que me enseñas a escribir la letra "e"
que yo convertía en una espiral sin fin:
yo quería escribir una letra un signo que no acabe nunca
sólo tú
un ser caballar
una noción cabalística un lí mi te llevándome a cuestas
porque estoy tan cansada de andar de andar
con mi vestido de manzanitas y los zapatos de fiesta blancos
oliendo a canfort por el infinito adelante
                                                           pas vite pas vite
    

                             Avec étonnement

me encontré contigo en esta franja del tiempo y del espacio
yo
besé tus dedos uno
a uno:
estoy en medio del sueño de los melocotones de Akira Kurosawa
mirándote hasta dentro de tres muertes
y me siento completamente feliz.


                                          Lent

Johannes Cernota interpreta un pliegue de tu vida
que tal vez ni recuerdas
estoy ardiendo y nadie tiene tanta piel sobre su cuerpo.
pido más lentitud
un harmónico que llegue a triturarme las pestañas
en el momento en que parte un tren y no te veo ya
más
despacio

el nudo que me ovilla la garganta tiene el color indescifrable
de una manta de cuadros que tejiste
y los cuarenta grados de inclinación de tu espíritu de niña de cinco años
sobre el fregadero.

escucha esto y di si no son las flores del cerezo brotando
fíjate bien: tu bondad hace exactamente ese ruido.


                             Lent, sans presser

existe una fuente a trescientos metros de profundidad
al sur del Mont Ventoux
que tú no has visto nunca y sin embargo
si vieses qué idéntica eres a ese pequeño guijarro que cae desde la cumbre

y por amor al aire se precipita al agua
sabiendo que se hundirá para siempre…

es como cuando velabas mi sueño, ¿te acuerdas?
y a los ocho años ahorrabas tres pesetas para comprar
una cosa hermosísima para mí
que aún casi no hablaba:

una posibilidad entre diez millones
de eliminar con un silbido la certeza de una tristeza rigurosa
en forma de tormenta

pero tú eres así.


                             Moderato, souple et expresif

nunca te dije que cuando me peinabas
los cabellos que sin querer me arrancabas
marcaban en la caída un tiempo musical extraordinario.

que cuando me dabas de comer
el mundo
de repente
giraba hacia algún plan de paz.

que cuando me calmabas el llanto
llegabas hasta las hebras que me crecían dentro
y que te llevaba conmigo desde la mañana a la noche.

que los quistes que nacían en tu pecho
eran restos de masa estelar.

no llores, anda
este quinto movimiento sólo era para decirte
que quería escribir una letra
un signo que no acabe nunca
y dártelo.

como me dabas tú las golosinas a la llegada de la escuela
la tortilla francesa en la merienda tu respiración
si hiciera falta.
sólo era para que la helada no se te meta en los dedos este invierno
cuando vayas a buscar leña a la memoria
y enciendas un fuego para que yo no pase frío.

sólo era que quería escribir una letra
un signo que no acabe nunca nunca
y dártelo.



                                  Avec conviction e avec une tristesse rigoureuse



A CADELA


Pero un dia a chuvia filtrara na terra miña menstruación

para alimentar o mundo.


toda canta pureza poida apurarse na tension den ladrido sera pouca

moi pouca o case nada

cando tódolos pasados se acumulan no cume do futuro

e agora son eu a que ladra contra vós.


na idade dos mortos arregaño os dentes

tronzando dunha vez todolos invernos

que nos fixeron crer e non existen

só existe a neve sobre a neve na conciencia e o seu eco


e ningunha palabra estaba dentro de si misma

se nón é lanzada a ó espacio.


son a cadela sona porque a miña inocencia medraba rodeando

un cactus

a vida era unha nena xogando a pleno sol cun alacrán.


non gardo a casa

e pois amo a intrusión do ladrón no circulo mexado

que marca o territorio

sinto violentamente un pau na noite partindome o espiñanzo penso

coloco a lingua  en posición de oular de dor

e tan só o sangue que me vai do cerebro ás tempas ás pálpebras

me anega a boca e me fai abrir os ollos máis e máis e no ultimo vomiito

tódolos pasados se acumulan no furturo e son eu e son eu e son eu

a que ladra contra vos.



DENTRO


Dentro

dentro do bocoi de madeira comenza a ferver o bagazo e teño os pés

alí

os xeonllos e as coxas o pube o ventre as nádegas e o embigo asolagados

pola pel das uvas.

remexo cos nocellos tódolos meus argumentos para ser feliz

presiono co calcaño o desengano dos homes que non me amaron nunca

peto coa tibia nos bordos do bocoi máncandome sinto a conversión

do meu sangue de setembro

peto coa tibia nas puntas de ferro despois de atravesar os tres mil quilos

de uva negra apreto e ábrense cada unha delas na palma do pé

como un pequeno xemido no silencio

e agarro entre as dedas as grandes pebidas do mundo

e súo

meu amor

como nunca

dentro

dentro do bocoi de madeira mergullo a miña intelixencia da cintura

para abaixo


e soa falo só desde alí dentro.



ENTREGA


PERDIN  tal vez a vida un nunca sabe ó longo desta tarde húmida.


un trono facendo o reconto das flores que apaciguou

uliscando entre unha bosta e unha marea

tratando inutilmente de no quedarse cego no intento do relampago


un pobre de pedir polas portas abriuche a miña man mandándote pasar

asi foi como foi.



perdin tal vez a vida no tramo que une a torre de Hercules coa aira

coa precision dunha aixada no carrelo dun xabarín comendo millo

o ceo anícase a morder o seu tuelo dun tiro de golpe

baixa

unha noite desfeitiña en grans

de millo.


perdino tal vez todo aquí aquí mesmo


mentres a miña memoria trenza rastras e rastras de cebolas

loita como un carneiro por facer de seu amor catro años fortes

a mantiega do leite ascende e calla vintecinco anos enteiros

no cimo dunha ola de barro

para sempre

como a cousa infinita que é.


perdin perdin a vida


e este inverno érguese o sol polo occidente

do meu cranio ameneiro

e da miña la fan calcetis as avoas ás agullas

de miña la

fitando

fiando

fiandome aquí fico.







 A idea da beleza

F       O       D       E       R

Fóra.
Fóra tribo.
… Se bailaras comigo
habías de comer o saber
cru
a impalabra do meu carácter montañés
bárbaro
e voitral
habías de beber os ouriños benditos por belce

come

come
tú.
A foránea levo nunha lingua anticrista unha flor unha flor unha flor
tan aberta
que pensa
…se bailaras comigo
ata partirme o espiñazo e facer dúas de min
meu ben
se me viras ben
ven
e baila comigo.

Vivín coa boca seca coma o deserto de Dakar
ata tocar
a punta infinitesimal dos meus mexos
marqués
marqués da nada
só señor da miña vaxina noite inmensa papila gustativa do mundo
vulva perfuradísima
botón da tierra
antilei da gravitación universal.

O centro da terra non atrae as miñas verbas
eu douchas de comer na túa ansia coprófila
esta excrementación silábica esta apalabración
que me inflama os intestinos
cheos de amor
e merda.

A idea da beleza
cruzando o celo cara o sur
na migración das aves
describe a curva depravada
o grao máis alto
de poesía pura
caendo coma a suor polos teus poros
abertos que son
buratos negros
e unha cousa preciosa da astrofísica.

A idea da beleza migra no teu cuspe
esa substancia que rompe a barreira do son
sobre min
podemos
Foder
ata romper a paus o espírito de Deus
podemos
Foder ata sentir o cu da noite
onde ninguén viu as patas dunha garza
anunciar a luz do día
Foder
ata arrasar as cordilleiras da miseria
podemos
Foder
ata caer
sentir o crac do cromosoma do poder
podemos
Foder ata tocar a nosa soedade co teu prepucio só
Foder
nos
ata o final
asa ver a morte curvándose na derradeira postura do pracer
Foder
ata
Foder
e xa non ser
máis
cá sombra dunha dimensión fodendo a catro patas
no borde do universo
ti e eu
Fodendo de xeonllos
na noite estrelada da mente de Platón
pensando
quizáis
na idea da beleza.

(inédito)

 
La idea de la belleza

J       O       D        E       R

Fuera.
Fuera tribu.
… Si bailaras conmigo
habrías de comer el saber
crudo
la impalabra de mi carácter montañés
bárbaro
y buitral
habrías de beber la orina bendita por belce

come

come
tú.
La foránea llevo en una lengua anticrista una flor una flor una flor
tan abierta
que piensa
…si bailaras conmigo
hasta partirme el espinazo y hacer dos de mí
mi bien
si me vieras bien
ven
y baila conmigo.

He vivido con la boca seca como el desierto de Dakar
hasta tocar
la punta infinitesimal de mi meada
marqués
marqués de la nada
solo señor de mi vagina noche inmensa papila gustativa del mundo
vulva perforadísima
botón de la tierra
antiley de la gravitación universal.

El centro de la tierra no atrae mis palabras
te las doy de comer en tu ansia coprófila
esta excrementación silábica esta apalabración
que me inflama los intestinos
llenos de amor
y mierda.

La idea de la belleza
cruzando el cielo hacia el sur
en la migración de las aves
describe la curva depravada
el grado más alto
de poesía pura
cayendo como el sudor por tus poros
abiertos que son
agujeros negros
y una cosa preciosa de la astrofísica.

La idea de la belleza migra en tu saliva
esa sustancia que rompe la barrera del sonido
sobre mí
podemos
Joder
hasta romper a palos el espíritu de Dios
podemos
Joder hasta sentir el culo de la noche
donde nadie ha visto las patas de una garza
anunciar la luz del día
Joder
hasta arrasar las cordilleras de la miseria
podemos
Joder
hasta caer
sentir el crac del cromosoma del poder
podemos
Joder hasta tocar nuestra soledad con tu prepucio solo
Joder
nos
hasta el final
hasta ver la muerte curvándose en la última postura del placer
Joder
hasta
Joder
y ya no ser
más
que la sombra de una dimensión jodiendo a cuatro patas
en el borde del universo
tú y yo
Jodiendo de rodillas
en la noche estrellada de la mente de Platón
pensando
quizás
en la idea de la belleza.

(inédito)


Antes a Vida

coma se as pupilas derretidas con areas de sal e de lixivia.

se amence e che din este sol recortado dos teatros de ópera
oh titiriteiros vendedores de trapos exhaustos de restos de comida
quincalla dos últimos suburbios
alcol que disemina arañas pola gorxa
iluminados nos bancos dos parques
intelixencia entregada ós tiros e á carcoma. velaí.

pero con isto se soldaban os ósos ós vinte anos.

no templo comérciase co teu amor.

-cámbioche un poema por un cromo de xogador de futbol.
un poema con rima por unhas gafas de sol.
un poema de alexandrinos por ese colar de mentira.

no templo comérciase co teu amor.
pero Antes a Vida.

antes a vida a folga do meu nome a manifestación en alto
do primeiro momento
dos amantes.

antes ela cá estraña distancia interposta
entre tódalas mentiras e o meu clítoris.

Antes a Vida.

e mesmo cando semella que
antes a vida antes
o destrozo da muller que frega os pratos no centro do teu corazón.

antes o teu violín que descende ó pracer dos teus beizos
un día
a extremidade dos concertos sobre o frío de Laponia.

Antes a Vida.

aínda sabendo que trocarían os versos por unha bolsa con trece moedas.
que con cada unha delas fabricarían mitos para salvar a patria.

antes a vida para contemplar contigo esta última noite
antes para que meu pai escoite o ventre dos seus animais
respirándolle dentro
a aldea minúscula que se me cae a cachos por dentro dos abrazos

Antes a Vida.

que está o meu avó queimando igrexas no centro do meu útero.

por iso antes levaremos a cabo a experiencia do amor nas cunetas
o estremecemento de terras nas orxías
tan só inundar a praza pública co seme que deixas neste verso.

ou tan só pechar os ollos sobre a tormenta adorable
que tén por nome a túa man.

antes ela cos seus fusís de fame no seu cancro de ovarios antes ela.
choverá sobre nós sobre os cabalos da miña memoria
sobre as tellas da nosa historia sen casa
sobre a vulva da muller que violaron cando poñía flores
na tumba do meu libro de versos.

antes a vida como a miña mai derramando mapoulas en xaneiro
ou simplemente coma min
dentro dela
desgarrándolle placentas
en xaneiro.

e como todo foi dito xa
Antes a Vida.




O NEGRILLO

agora o vento trátate coma un leproso
arráncate de ti
e veste de mañá cedo
sen aquela parte tan túa
que á alba acollía o descanso das andoriñas.

pasou a primavera concentrada
no seu traballoso anoar de brotes
marcando con cruz vermella as portas de todo o que florecería
salve regina
e antes de irse
miroute con compaixón baixou a vista e choveu o seu último ballón
o que dá a cada flor o seu perfecto estilo
salve regina salve.



atemorízate a sombra que xa non tés?
o sol busca os teus ángulos antigos
de verdade intenta

pero xa chegou ese día
en que a túa cortiza espectral
ve os nenos do pasado xogando nas túas pólas
xa te quedaches frío meu rei
entraches na palidez
e a morte é un monocromo irreversible a ausencia de toda color.

si
a ti
atemorízate a sombra que xa non tés.



a gravidade mantente en pé por pena
pon as súas maus por baixo da túa raíz
humildemente
foi ela quen viu
os miles de formigas no seu éxodo o insecto crepuscular
dicíndoche adeus
emocionado.

a gravidade ponche
as súas maus por baixo.



aínda has de tardar
en comprender
qué é o que che pasa.
oes cada vez máis lonxe o tuntún do corazón do grilo
a carne perturbada da cadela en cío o rosado olor da zorra
e xa case non percibes ese intre de tal temor
que todo ten antes de abrir o día
pregúntaste
interrogas a madeira
as vetas que naceron antes despois os teus inxertos
apelas ós teus círculos que gardan en segredo a túa idade

miras
desesperado o pequeno berce que foi feito cunha parte de ti
suplicas
e suplicas
pouco importa
xa ves
ninguén responde.



acaso o único que sentes
é que te estás facendo exterior a ti.
con qué aflición
se alongan os teus brazos decrépitos
que non esperan nada
es unha catedral
es unha catedral
sentenciada pola esclerose.



a neve doéche se cae

manca ata a tardiña que pode pasar pensando nas súas cousas
pode ferirte o espirro da fécula
e ser unha tortura
o pestanexo dun astro e o peor o peor sen dúbida
o abrazo mortal dun neno que che rodea o tronco cos seus braciños.

a neve volveuse en verdade
un peso
insoportable.



non se aparta de ti este cáliz
o inverno ensáñase contigo todos o vemos
introducir coitelas de xeada nas túas cicatrices.

con paciencia
agardou
ano
tras
ano
a verte así
estás
tan

bil
que
case
non
es
tás
.
.
.

abátese sobre ti
non te deixa refolegar baixo o seu zarpazo
a Aguia Imperial do frío
que alardea das inclemencias do seu espírito.
é a maldita estación do odio
que cumpre
a súa palabra
e o seu ciclo.


o paxaro que fixo en ti o seu niño
xa ve partir as súas crías medradas
é o efecto migratorio de calquera alma madura.
tamén da túa.
amén.


o carballo mide
desde sempre
a súa sombra
o seu esplendor comparándose contigo
hoxe
lanza unha landra ó outro lado do abismo
o trazado infinito da curva
en memoria túa.


o nome do meu primeiro amor escrito a navalladas sobre ti
e a túa pel
sentimental
a única que entendeu que aquelas letras rudimentarias
eran un alfabeto sagrado.
amén.


non se deixa abstraer a túa imaxe
no bosque a túa misericordia move as copas coma un vento lixeiro
non es símbolo de nada que non sexas ti
árbore soa pobre pequena bestia
que fas ulular a terra e a min
amén amén dinos quén somos.


qué absorto estás
mentres a peste
acaba de roer a última folla
do teu credo caducifolio
e eu só non rezo ante ti porque non rezo ante nada.


pero a noite é capaz de expirar por ti.
tantas veces deixou o seu sono colgado dunha galla
mentres facía os seus traballos escurecendo a herba
tantas veces viches cómo remexía coas súas maus suxas
o subconsciente dos homes
tantas
que a noite non aguanta sen ti
e o seu amor inconfesado
é capaz de tirarse ó día por un barranco
a noite diche amén e chora sobre o meu ombro
como a primeira viúva da historia vestida toda de loito.


é o destino de todos un brazado de leña?
a pira ritual que purifica antigas dores?
o alimento do lume
a calcinación do rancor
e á fin un pó lixeiro
suspendido do ar
ó que só se lle concede o raciocinio xusto
pra obedecer o vento e saber gardar
as súas partículas
coma un rabaño tan dócil.


dígoche amén e a orde de corazón para que partas
e non mires atrás onde quedan á vista as túas raíces
e todo o teu ser seco dígoche amén tamén a pedra gra cho di
e a ánima que busca o grao de ouro na tulla do trigo amén
dígocho a ti
amén
tamén a min mo digo
no rictus que me ha ver morta
un día pola mañá calquera
xusto por onde empeza o mundo a chover
a aira natal de todos
os que se van contigo
dígoche a ti amén
tamén
a min
mo digo.


Antes la Vida

como si las pupilas derretidas con arenas de sal y de lejía.

si amanece y te dicen este sol recortado de los teatros de ópera
oh titiriteros vendedores de trapos exhaustos de restos de comida
chatarra de los últimos suburbios
alcohol que disemina arañas en la garganta
iluminados en los bancos de los parques
inteligencia entregada a los tiros y a la carcoma. he ahí.

pero con esto se soldaban los huesos a los veinte años.

en el templo se comercia con tu amor.

-te cambio un poema por un cromo de jugador de fútbol.
un poema con rima por unas gafas de sol.
un poema de alejandrinos por ese collar de mentira.

en el templo se comercia con tu amor.
pero Antes la Vida.

antes la vida la huelga de mi nombre la manifestación en alto
del primer momento
de los amantes.

antes ella que la extraña distancia interpuesta
entre todas las mentiras y mi clítoris.

Antes la Vida.

e incluso cuando parece que
antes la vida antes
el destrozo de la mujer que friega platos en el centro de tu corazón.

antes antes tu violín que desciende al placer de tus labios
un día
la extremidad de los conciertos sobre el frío de Laponia.

Antes la vida.

aun sabiendo que cambiarían los versos por una bolsa con trece monedas.
que con cada una de ellas fabricarían mitos para salvar la patria.

antes la vida para contemplar contigo esta última noche
antes para que mi padre escuche el vientre de sus animales
respirándole dentro
la aldea minúscula que se me cae a trozos por dentro del abrazo

Antes la vida.

que está mi abuelo quemando iglesias en el centro de mi útero.

por eso antes llevaremos a cabo la experiencia del amor en las cunetas
antes ella, el estremecimiento de tierra en las orgías
tan sólo inundar la plaza pública con el semen que dejas en el verso.

o tan sólo cerrar los ojos sobre la tormenta adorable
que tiene por nombre tu mano.

antes ella con sus fusiles de hambre en su cáncer de ovarios antes ella.
lloverá sobre nosotros sobre los caballos de mi memoria
sobre las tejas de nuestra historia sin casa
sobre la vulva de la mujer que violaron cuando ponía flores
en la tumba de mi libro de versos.

antes la vida como mi madre derramando amapolas en enero
o simplemente como yo
dentro de ella
desgarrándole placentas
en enero.

y como todo fue dicho ya 
Antes la Vida.



a cousa vermella

esta esta Cousa Vermella: o canto dos grilos é aquí cen mil veces máis potente
có aguillón dun infarto
estelar.

pero ti xa o dis todo.
esta bárbara serpe enroscada no pescozo da inocencia que eu fun
esta cousa vermella que se fuga do seu centro e xa non é brasa
isto que ninguén soporta no seu máximo láser non é ningunha máquina
non é un exército
o seu paso furioso é un paso de espasmo.
pero ti xa o sabes.

xamais é o seu vermello do lacre ou da lacra esta cousa.

este inferno agardado desde o glaciar que me cobre tenrura
ela respira debaixo latexa por veces nunha xitana fiestra vermella

que eu recoñezo de inmediato esa luz que me chama esa luz que libera
comédeme pois animais todas femias
pero ti xa o clamas.

¿é mineral ferra?
¿é arácnido mol?
¿é cristal estoupado nos ollos dos escravos?

todo, meus amores antigos e futuros e inequívocos parias
é tan triste fóra
do círculo roxo.

animal da Lanterna
sei quén son seino ben por esta marca vermella
a anémona grande que ninguén feriu nunca.

seino porque unha vez Fun e nada conservo salvo que todo salva.

ousada Cousa Vermella que dis canto pensas carretaralo ó lombo
por mil anos ou máis ata que todo remate.
estrela arrancada que non levas á fronte:
agora lévala ruxindo no centro desa Cousa
Vermella.

e os meus ollos agrándanse nos parques eólicos
porque a miña solitaria lanterna ten aspas que xiran e xiran
ata nunca sei ónde.
fágoo todo soa prendida coma nun facho antigo. fágoo todo.

e esta Cousa Vermella persiste en calor e luz aínda non sei por cánto
nin ata cándo.
queima todo canto se achega a menos de dous millóns de anos luz
matriz adentro cerebro adentro a menos de dous millóns de anos luz.

rosetón altísimo
era febril crer indefinidamente na lóxica
na estructura
e na contención.
os seres habían preferir a convulsión á metralla ou á mudez
estaba claro que provocarían o nacemento dunha nova constelación.
pero ti moras nela.

vivir viaxes imaxinarias irlle ata o mesmo miolo da retina
para non veres nada.
eu vin estalar palitroques na preñez dunha femia
pra que deixara de selo
eu vin tetas a trinta mil mans o minuto.
pero ti saloucas despacio e xa non me dis nada.

a min a fe me saen gromos de pereira nos cotobelos
e é de tirar do inverno
cara algún outro tempo
a min dígovos que me traian avións a aterrizar ó ventre
ás pálpebras
deitada.
ás altas horas non son viúva non son esposa non son noiva
son tan só esta Cousa
Vermella.
non é viúva non é esposa non é noiva É.

pero nós somos porque non podiamos non selo tan só
porque tal vez nos queremos.

pero de súpeto o mundo qué é unha mosca nos ollos dun neno
qué demo é unha mosca roendo nas comisuras dos beizos dun neno.
pero ti saloucas ás présas e xa non me dis nada.

e porque ti xa mo fas eu proclamo esta Cousa Vermella
que se saia de si
pola rúa
nos autobuses vista de pasada
coma na vida
cres que todo precisa unha enorme e alegre desproporción
vermella
esta cousa virá será mente corazón e cona esta Cousa
Vermella
esta Cousa Vermella
esta Cousa.

***

la cosa roja

esta Cosa Roja: el canto de los grillos es aquí cien mil veces más potente
que el aguijón de un infarto
estelar.

pero tú ya lo dices todo.
esta bárbara serpiente enroscada en el cuello de la inocencia que fui
esta cosa roja que se fuga de su centro y ya no es brasa
esto que nadie soporta en su máximo láser no es ninguna máquina
no es un ejército
su paso furioso es un paso de espasmo.
pero tú ya lo sabes.

jamás es su rojo del lacre o de la lacra esta cosa.

este infierno aguardado desde el glaciar que me cubre ternura,
ella respira debajo late a veces desde una gitana ventana roja
que reconozco de inmediato esa luz que me llama esa luz que libera
comedme pues animales todas hembras
pero tú ya lo clamas.

¿es mineral hierra?
¿es arácnido blando?
¿es cristal estallado en los ojos de los esclavos?

todo mis amores antiguos y futuros e inequívocos parias
es tan triste fuera
del círculo rojo.

animal de la Linterna
sé quien soy lo sé bien por esta marca roja
la anémona grande
que nadie hirió nunca.

lo sé porque una vez Fui y nada conservo salvo que todo salva.

osada cosa roja que dices cuanto piensas lo llevarás a cuestas
por mil años o más hasta que todo termine.
estrella arrancada que no llevas en la frente:
ahora la llevas rugiendo en el centro de esa Cosa
Roja.

y mis ojos se agrandan en los parques eólicos
porque mi solitaria linterna tiene aspas que giran y giran
hasta nunca sé donde.

lo hago todo sola encendida como una antorcha antigua. lo hago todo.

y esta Cosa Roja persiste en calor y luz aún no sé por cuanto
ni hasta cuando.
quema todo cuanto se acerca a menos de dos millones de años luz
matriz adentro cerebro adentro a menos de dos millones de años luz.

rosetón altísimo,
era febril creer indefinidamente en la lógica
en la estructura
y en la contención.
los seres habrían de preferir la convulsión a la metralla o a la mudez
estaba claro que provocarían el nacimiento de una nueva constelación.

pero eres tú quien la habita.

vivir viajes imaginarios ir hasta la médula de su retina
para no ver nada.
yo he visto explotar digitales en la preñez de una hembra
para que dejara de serlo
yo he visto tetas a trienta mil manos el minuto
pero tú sollozas despacio y ya no dices nada.

a mí de verdad me nacen brotes de peral en los nudillos

y es por tirar del invierno hacia algún otro tiempo

a mí os digo que me traigan aviones a aterrizar al vientre

a los párpados

echada.

a altas horas no soy viuda no soy esposa no soy novia

soy solamente esta Cosa

Roja.

no es viuda no es esposa no es novia. Es.

pero nosotros somos porque no podíamos no serlo tan sólo

porque tal vez nos queremos.

pero de repente el mundo, qué es una mosca en los ojos de un niño

qué demonios es una mosca en las comisuras de los labios de un niño.

pero tú lloras a prisa y ya no dices nada.

y porque tú me lo haces yo proclamo esta Cosa Roja que se salga de si

por la calle

en los autobuses vista de pasada

como en la vida

crees que todo necesita una enorme y alegre desproporción roja

esta cosa vendrá será mente corazón y vulva esta Cosa

Roja

esta Cosa Roja

esta Cosa.

(De A cousa vermella, 2004.)