Benvido/a ao CIFP A Granxa

O CIFP A Granxa conta con oferta de ciclos de graos básicos, medios e superiores: algúns ciclos en réxime ordinario, outros en adultos presencial e un ciclo en adultos - semipresencial a distancia. Consulte a continuación as características de cada réxime de estudo.


Réxime ordinario

Este réxime está organizado en dous cursos en quendas de mañá e tarde, segundo o horario establecido polo centro educativo.*

A asistencia ás clases é obrigatoria.

O alumnado que estea en condicións de pasar ao segundo curso ou teña que repetir o curso deberá realizar unha solicitude de admisión. Terá a praza garantida sempre que o curse no ano seguinte e por primeira vez no mesmo centro e ciclo.

 *Horario R. Ordinario do CIFP A Granxa: horario de mañá de 08:30h - 15:00h




Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.*

A asistencia ás clases é obrigatoria.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

 *Horario R. Adultos presencial do CIFP A Granxa: 17:00h - 22:00h

Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Si é obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación de cada trimestre. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor/a do curso.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo e existan prazas vacantes ao final do proceso.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. A praza non está garantida, aínda que cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.