Un obradoiro social creativo

O Club do Antifás é un lugar onde experimentar, desaprender, contar historias, situarnos no mundo que nos rodea. Cada martes na hora do xantar practicamos a reflexión colectiva e interactiva sobre temas que nos preocupan e logo intentamos plasmar as nosas inquietudes en pequenas pezas audiovisuais.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo do que nos gusta facer. Lembrade que no centro temos un canal de Youtube (Cachavídeo), onde ver as pequenas producións que imos facendo: