VISITA ÁS LIBRARÍAS

A Biblioteca do IES N1 quere sempre favorecer o contacto entre os rapaces, os libros e as librarías. Outros anos temos convidado ás distintas librarías da Estrada para que viñesen ao noso centro a amosarnos aquelas obras que considerasen de interese para o noso alumnado. Neste ano fixemos a viaxe inversa: fomos nós ás librarías da Estrada.

Collendo o grupo de rapaces e rapazas que participan nos clubs de lectura do IES marchamos toda unha mañá, organizándonos en grupos para que non se nos olvidase ningunha das librarías da nosa vila. E así foi como coñecemos aos libreiros e libreiras de Marxe, de Faro, de Durán, de Lolimay ou de Alberte Quiñoi.