PREMIO IES G

Posta en marcha do xa sexto premio IES G, polo que o noso alumnado recoñece o uso normalizado do galego no comercio estradense. Neste curso, o 6º premio IES G recaeu na tenda de tecidos e creativa “Nobelo a nobelo”, de María Gaiteiro, que

sempre manifestou un grandísimo interese en promocionar, desde o seu pequeno negocio, a nosa cultura.

Parabéns, María, por contribuír a incrementar o uso do galego entre os estradenses!