Día da Radio

Este xa é o terceiro ano que acudimos á Radio Estrada, nunha colaboración que parece xa bastante asentada. E é que aos nosos alumnos e alumnas encántalles facer de xornalistas por un día. Hai que ver que ben se desenvolven, que capacidade teñen para contestar ás preguntas que se lles van facendo, e que convicción amosan nas súas intervencións.

En fin, seguindo a estela doutros anos, neste curso alá nos fomos, a promocionar as actividades do noso IES, que son moitas, ben variadas e ben interesantes.

Preguntáronnos sobre o premio IES G, sobre a Revista Viva... e estivemos encantadas.

Encántanos saír en antena.

Se queredes escoitarnos, aí vos deixamos o enlace. Descargádeo e escoitádeo. Paga a pena, xa veredes!