Curso 17-18

Día Internacional contra a Violencia de Xénero

O venres, 24 de novembro, participamos os tres institutos da Estrada nunha concentración conxunta contra a violencia de xénero.

O noso IES, que se sumara á campaña "En negro contra a violencia", colocou carteis en distintos lugares do centro e animou a toda a comunidade educativa a participar, traendo ese día una prenda negra.

O día comezou coa chegada a Radio Estrada, onde dúas alumnas de 4º de ESO do noso IES leron o manifesto que elaboraran. Déixovos abaixo o enlace para que o vexades. Paga a pena ver como a conciencia prende na rapazada!

Na concentración estaba previsto cantarmos todos xuntos una canción contra o maltrato, pero as condicións meteorolóxicas o impediron.

Tras a concentración silenciosa, o alumnado do 2º ciclo acudiu á Academia de seguridade para escoitar una charla de Inés Vidal, profesora do IES Losada Diéguez con ampla formación no tema do maltrato á muller e no maltrato entre adolescentes. Tras proxectar uns vídeos, provocouse un interesante debate.

Por outra banda, o alumnado do 1º ciclo desenvolveu no instituto diversos talleres de concienciación sobre a violencia machista: vídeos na biblio, xogo de rol, mensaxes con globos...

En definitiva, foi un día intenso!

www.vagalumes.es

MANIFESTO IES N1 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

CARTA DUNHA MULLER A UN HOME CALQUERA

Querido amigo, veciño e compañeiro:

Apréciote porque nunca fixeches comentarios do meu físico, se estaba gorda ou fraca, se era grande ou pequena ... Nin sequera se ía sexy ou non. Quixéchesme como era.

Apréciote porque nunca me criticaches polo meu traballo, fose avogada ou caixeira, deseñadora, profesora, ama de casa, policía ou camioneira. Sabías que esa fora a

miña elección, e respectáchela.

Apréciote porque nunca me dixeches se ía moi tapada ou moi escotada... Eu escollía o que me apetecía, e sempre che pareceu ben.

Apréciote porque nunca me miraches o móbil. Aínda que che picase a curiosidade, sempre respectaches a miña intimidade.

Apréciote porque nunca me humillaches, nin me insultaches, nin me berraches, nin me acosaches.

Apréciote porque sempre contaches comigo, porque sempre existín para ti.

En definitiva, apréciote porque de verdade me quixeches, me valoraches e me respectaches, e fixéchesmo sentir cada día.

CARTA DUNHA MULLER A OUTRA MULLER

Querida amiga, veciña e compañeira:

Grazas, porque un día fuches correndo ao armario e mudaches o vestido rosa por aquel xersei amarelo que che gustaba tanto.

Grazas, porque un día, pese a que teus pais querían que foses enfermeira, loitaches por ser piloto, ti, que sempre quixeches voar.

Grazas, porque un día deixaches de xogar coa barbie, e colliches aquel balón, que danzaba entre os teus pés.

Grazas, porque un día decidiches que non sempre che tiña que tocar a ti cociñar, varrer, limpar ou coidar dos rapaces. E comezaches a loitar pola igualdade.

Grazas a ti, que un día fuches bruxa, ou meiga, e iso te levou á fogueira.

Grazas, porque un día rompiches estereotipos e prexuízos, e comezaches a ser libre, e contigo, todas nós, sempre libres e vivas.

Grazas. PORQUE NOS PERMITISTES VOAR!!

17- 18 Samaín - Magosto

https://photos.app.goo.gl/KE5EivbmnLjfoLrH3

APERTURA DE PORTAS no curso 2017-18

4 de outubro, 2017

O día 4 de outubro fixemos a inauguración simbólica da nosa Biblio. Por suposto que desde o primeiro día xa viñades a este agarimoso lugar, pero hoxe foi unha xornada especial.

O novo alumnado de 1º ESO recibiu os carnés para poderen levar o material dispoñible para todos e todas vós e, ademais, puideron aprender as normas fundamentais do funcionamento e a organización da nos Biblio. Para iso elaboramos un Prezi e mais un tríptico co que estivemos traballando un tempiño.

Graciñas a todos e todas pola vosa atención!

PD: para deixar claro que era un día especial, rachamos cunha das normas da Biblio e ofrecémosvos un delicioso chocolate con churros, ofrecido por Rosa, a encargada da nosa cafetaría.