Día do Libro


A historia do libro.pdf

O martes 23 de abril, a biblioteca do noso centro celebrou a conmemoración do Día do Libro con diversas actividades:

No segundo recreo houbo unha solta de libros polo recinto escolar.

Ao longo da semana, durante as horas de titoría, pasouse un libro en branco co título “Eu tamén teño que contar”... no que o alumnado puido crear pequenas historias ou dar continuidade ás que estean escritas por outros compañeiros/as.

Con posterioridade, o libro quedou a disposición de todos e todas na biblioteca, para que puidese ser lido e gozado.

Ademais, organizouse un concurso de fotografía. Para participar, o alumnado realizou unha foto creativa utilizando o libro como motivo fundamental. As fotos foron enviadas ao correo iesn1biblioteca@gmail.com antes do 23 de abril.

E en colaboración coa nova Rede de Bibliotecas Estradenses, na que estamos todos os centros de primaria e secundaria integrados no Plambe desta localidade, realizamos dúas actividades: unha "Historia do libro", en power point, e un concurso de "LIBROS NA ESTRADA”, iniciativa enmarcada no BookCrossing (ou cruce de libros), para dotarnos do mobiliario necesario para os puntos de intercambio de libros. O obxectivo é transformar o noso mundo nunha biblioteca. A ubicación destes puntos será en espazos públicos significativos e relevantes na nosa localidade.