Día das bibliotecas escolares

PREGÓN GONZALO MOURE. DÍA DAS BIBLIOTECAS.pdf

O próximo 24 de outubro celébrase en España, como cada ano, o Día da Biblioteca, unha iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro infantil e xuvenil que tivo a súa orixe no ano 1997.

A nosa Biblioteca non quere deixar de celebrar ese día con todos e todas vós, e teremos actividades dirixidas a todo o alumnado.

Para 1º de ESO, organizaremos o día 24 de outubro, no 2º recreo e a 5º hora, unha actividade na nosa biblio. Proxectarémosvos un prezi coas normas e funcionamento fundamental da biblio, proxectarémosvos algúns vídeos de escritores relacionados coas bibliotecas e a lectura e realizaredes actividades de formación de usuarios. Finalmente, propoñerémosvos unha divertida “Busca do tesouro” na que poderedes atopar os vosos novos carnés de usuario.

E todo iso, acompañado cunha “deliciosa” sorpresa porque, como xa dixemos outros anos…”Coa boca chea tamén se le”.

Ahhh! E antes… a apertura simbólica da biblio. Algún voluntario/a para cortar a cinta??

Para 2º de ESO, teremos unha actividade tamén na Biblio, o día 24 de outubro a 6ª hora, cunha recoñecida bibliotecaria, Cristina Vázquez Santos. Cursou filoloxía e fixo talleres de animación á lectura. Traballa desde hai 15 anos como bibliotecaria na biblioteca municipal de Caldas de Reis e tamén traballou nunha biblioteca escolar durante uns 5 cursos escolares.

Desde hai 4 anos compaxina o seu traballo como bibliotecaria co de contadora de contos para todo tipo de público. Como contadora faise chamar Cris de Caldas (ten perfil en facebokk). Así, memo, participou como docente no I Congreso Internacional de Mediación Lectora (Salón do Libro, Pontevedra 2018).

Con vós desenvolverá a actividade “Contos das lavandeiras”.

Agardamos que vos guste!

E para 3º e 4º de ESO, termos unha “Quedada poética na carballeira”. En colaboración con outros departamentos do IES estamos organizando, para a tarde do 23 de outubro, unha actividade poético-musical para todos vós. Haberá poesía e música en galego, inglés, francés e castelán. Pero antes do recitado, teredes que responder a un pequeno xogo de pistas. A ver quen remata antes!

Déixovos un arquivo cun fermoso texto que fixo Gonzalo Moure para celebrar o Día das Bibliotecas.