Día da Paz

O 29 de xaneiro, á tarde, celebramos no IES o Día da Paz.

Entre as actividades realizadas, destacamos distintos obradoiros que trataron de concienciar o alumnado da necesidade de seguir loitando por un mundo mellor, sen violencias. Para iso fixemos un mural-cortina de globos brancos e negros, con mensaxes alusivas ao tema; tamén se construiron outros murais, ben empregando pinturas de mans, ben decorando con debuxos e textos creados polos nosos alumnos e alumnas. Como novidade, este ano un grupo de alumnas fixeron un pequeno taller de “medias literarias”, que se decoraron con textos sobre a Paz. Finalmente, un grupo de alumnas e alumnos de diversos cursos recitaron poemas e relatos sobre a Paz, algún deles con acompañamento musical