Na Despensa
As receitas que alimentan a nosa Biblio.
Nesta despensa podes atopar os ingredientes cos que cociñamos os nosos menús bibliotecarios:
- No andel dos aperitivos, unha presentación do noso espazo.
- Gardamos tamén un documento que conta os nosos inicios e intencións.
- Traballamos xuntos, de infantil a sexto, cun sistema de proxectos:
- Con cada un deles elaboramos unha proposta;
- Un ou varios Libriños do tema, que logo utilizamos nas aulas durante semanas;
- Facemos partícipes ás familias enviándolles un folleto para dar a coñecer o tema a traballar;
- Gústanos recoller as actividades vividas nunha memoria que se vai expoñendo publicamente na entrada da escola; ás veces tamén recollemos estas actividades realizadas nunha presentación.
- Como remate celebramos unha Festa, na que os nenos e nenas convidan ás súas familias e ofrécenlles música, imaxes e palabras.