Música para embarazadas.

Nesta páxina atoparedes unha breve introducción sobre a importancia da música antes e despois do nacemento do bebé e algunhas suxerencias musicais.
 
 
A música é moi importante no período prenatal ata tal punto que hai estudios científicos que demostran que escoitar música nas semanas previas ao nacemento estimula certas partes do cerebro.
Varios estudos demostraron o poder que ten a música sobre os futuros recén nacidos. Tamén aseguran que os bebés recordan as melodías que escoitaron dentro do ventre materno, polo menos durante o primeiro ano, e asocian a melodía cun período de paz e tranquilidade.
Coñécese que a partir da semana 20 de embarazo, o bebé é capaz de oír, por iso tamén se recomenda falalo, pois aínda que non entenda o significado das palabras, capta o ton, a musicalidade e a intención das frases como un reflexo das emocións, este son familiar actúa como unha referencia tranquilizadora.
A música é unha das mellores canles para conectar co noso bebé, non importa o estilo de música que escoitemos, pode ser clásica, pop... o importante é que nos guste e nos faga sentir ben.
 
Algunhas orientacións ao respecto se reflexan no seguinte video.
 
O EFECTO MOZART

Estudos científicos demostraron que a música de Mozart ten influencia no comportamento dos bebés, proporcionándoos maior desenvolvemento intelectual e creativo. As composicións de Mozart para estimular as mentes de bebés e nenos, ademais de proporcionar un ambiente de paz e tranquilidade. A estimulación musical fai efecto dende a semana 20 de xestación, polo que tamén o recomendan para as embarazadas.
 
Por outra banda existe un conxunto de músicas chamada "o efecto Mozart" para as distintas etapas nas que encóntrase o neno, mesmo no embarazo.
 
A nivel prenatal, a peza titulada "Ah, vous dirai-je, maman" KV 265 de Mozart é un bo exemplo para a estimulación do futuro bebé dentro do vientre materno xa que é unha das pezas con maior influencia a tódolos niveis según moitos estudos científicos. Para descargala fadede clic aquí.
 
Outro bo exemplo é Mozart - Sonata Dos Pianos, K 448 -  que se compón de tres partes:
 
 I: Allegro Con Brio que podedes descargar facendo clic aquí.
 II: Andante que podedes descargar facendo clic aquí.
III: Allegro Molto que podedes descargar facendo clic aquí.
 
Outro tipo de pezas tamén aconselladas son:
 
  
 
 
MÚSICA PARA BEBÉS:
 
Algunhas orientacións ao respecto se reflexan no seguinte video.
 
Son moitas e moi diverasas as músicas que se utilizan para a estimulación temprana a nivel infantil, asi que realizarei unha breve mostra das moitas propostas. 
 
Tamén funcionan moi ben a serie de videos chamada "Baby Einstein" para bebés comprendidos entre os 6 meses e os tres - catro anos. Podedes atopar numerosos videos en internet baixo este título. Para ver un exemplo fai clic aquí.
 
A partir dos tres anos, unha serie de debuxos animados moi interesante é a chamada "Little Einsteins" con dúa tempadas de máis de vinte capítulos cada unha delas. 
 
Por outra banda, os diferentes cd´s do efecto Mozart:
 
1 E 2 O EFECTO MOZART - MÚSICA PARA NENOS
Música para aumentar a intelixencia espacial, emocional e verbal, para mellorar a concentración e a memoria, para aumentar os procesos creativos concentrados no hemisferio cerebral dereito, e para reforzar a destreza de pensar intuitivamente. Duración: 50 minutos e 47 minutos.

3. -O EFECTO MOZART - MÚSICA PARA NENOS - RELÁXACHE, IMAXINA E DEBUXA
A música deste CD inspira o pensamento creativo, localizado no hemisferio cerebral dereito, mellora a concentración e a memoria, axuda a relaxarse e aumenta a intelixencia espacial, emocional e verbal. Duración: 46 minutos

4.EL EFECTO MOZART - MÚSICA PARA NENOS MUSICA PARA XOGAR
Xogar proporciónalle motivación, diversión e imaxinación. Xogar coa música de Mozart dálle, ademais, unha marabillosa experiencia de crecemento. Tempo Total do CD: 47:00 minutos

5.- O EFECTO MOZART - MÚSICA PARA NENOS - MOZART EN MOVEMENTO.
Estas composicións de Mozart inspiran o pensamento creativo, aumentan a concentración e a memoria, melloran o humor, a motivación e a enerxía e melloran os movementos corporais e a coordinación motora. Duración: 42 minutos

6.- MÚSICA PARA BEBÉS PARA XOGAR E PARA IRSE A DURMIR.
Axuda ao desenvolvemento da memoria, aumenta a capacidade auditiva e a atención emocional, estimula o movemento rítmico e induce á relaxación e o sono. Duración: 47 minutos

7. -O EFECTO MOZART - MÚSICA PARA NENOS (de tres meses a tres anos)
Axuda ao neno, durante o tempo de xogo, a desenvolver importantes habilidades como a expresión, a creatividade, a concentración, a compaixón, a empatía, a cooperación, a resolución de problemas ou a confianza. CD: 42 minutos

8. -O EFECTO MOZART - MÚSICA PARA O EMBARAZO
A música deste CD estimula o cerebro dereito, responsable do pensamento creativo. Reduce o estrés e a tensión e nutre a mente, o corpo e o espíritu.Ayuda a moderar o ritmo cardíaco, a presión sanguínea e a temperatura do corpo. Tempo Total do CD: 41:00 minutos.
 
Para mais información, algunhas páxinas de interese son: