Ton ou altura
 

O ton fai referencia á altura que é o resultado da frecuencia que produce un corpo sonoro, é dicir, da cantidade de ciclos das vibracións por unidade de tempo. De acordo con isto pódense definir os sons como graves e agudos. Canto maior sexa a frecuencia, máis agudo será o son, é dicir, maior será a súa altura. Canto menor sexa a súa frecuencia, o son será máis grave, ou o que é o mesmo, máis baixo.

En instrumentos da mesma familia, os pequenos fan sons máis agudos e os grandes sons máis graves