Timbre
 

O timbre é a calidade que permite distinguir os diferentes instrumentos e voces a pesar de que estén producindo sons da mesma altura e intensidade. Así, existe unha diferencia entre o timbre dun óboe e o dun clarinete, aínda que estean interpretando unha nota da mesma altura. Os sons que escoitamos son complexos, é dicir, son o resultado dun conxunto de sons simultáneos (tonos, sobretonos e harmónicos) pero que nós percibimos como un só (son fundamental).