Inicio: Quen somos?

Esta é a páxina web do Movemento Dezao polo Ensino Público.

COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS, AMIGAS E AMIGOS, POR MOTIVOS TÉCNICOS ESTAMOS DE MUDANZA: A PARTIR DE AGORA, PODEREDES ATOPARNOS NA SEGUINTE PÁXINA WEB:

http://movementodezaoensino.wix.com/deza

PERDÓN POLAS MOLESTIAS...



O Movemento Dezao polo Ensino Público é unha asociación aberta a toda a comunidade educativa. Nace coa intención de reflexionar sobre o momento que está a atravesar o ensino público na nosa comarca.

O contexto no que nos situamos ten dúas inquedanzas graves. En primeiro lugar, a vaga de recortes por parte da administración. En segundo lugar, o horizonte dunha nova proposta lexislativa por parte do Ministerio de Educación, a LOMCE.

Estas dúas circunstancias lévannos a pensar que o modelo de ensino público que se leva construíndo no país nos últimos decenios está agora en serio perigo e queremos influír de todos os xeitos ao noso alcance para preservalo e, en todo caso, melloralo e apuntalalo.

Tentamos aglutinar a tod@s @s que teñan algo que ver co ensino (familias: p/nais e alumnado, docentes, traballadores non docentes) e compartan os principios que nos moven.

Todas as persoas que formamos parte deste colectivo cremos no principio dun ENSINO PÚBLICO, GRATUÍTO E DE CALIDADE.

A nosa pretensión é crear na comarca un espazo de debate en torno ao ensino, focalizando as nosas actuacións sobre as infraestructuras e necesidades da zona.

Polo tanto, propoñemos a seguinte folla de ruta:

  1. Difusión da constitución da asociación e captación de adhesións entre a comunidade educativa da zona. 
  2. Información sobre a situación dos centros educativos da comarca.
  3. Estudo do anteproxecto da LOMCE e as súas posibles repercusións.

Actualidade

  • Estatutos Á vosa disposición aquí os estatutos do Movemento.
    Publicado a las 20 ene. 2013 6:06 por Movemento Dezao Ensino Público
  • Ficha de inscrición Aquí podedes acceder á ficha de inscrición ao Movemento. Tamén hai un modelo para os menores de idade.
    Publicado a las 16 ene. 2013 4:52 por Movemento Dezao Ensino Público
  • Proxecto de estatutos Aquí tendes un enlace para poder consultar os estatutos provisionais, á espera das vosas ideas.
    Publicado a las 15 ene. 2013 10:12 por Movemento Dezao Ensino Público
  • A opinión dalgún inspector Algún inspector, que prefire manterse no anonimato, dá a súa opinión sobre a LOMCE. Artigo de Praza Pública, 08 de xaneiro de 2013.
    Publicado a las 8 ene. 2013 9:57 por Movemento Dezao Ensino Público
  • Vídeos do acto de presentación Aquí tendes os vídeos do acto de presentación de decembro e a intervención de Xesús Fortes sobre algúns aspectos da futura LOMCE.
    Publicado a las 3 ene. 2013 7:25 por Movemento Dezao Ensino Público
Mostrando entradas 1 - 5 de 14. Ver más »