Este portal web, é a versión antiga da Asociación, o temos aberto, para o acceso ás ligazóns antigas, se queres ir á versión nova vai a: www.montedaestrela.org Benvido á túa Web, se tes unha teima pola Cultura Galega. Dende Arteixo queremos impulsala en tódolos ámbitos posibeis, para isto nace a Asociación Cultural Monte da Estrela no verán de 2008. FALANDO DE PATRIMONIO...
Falando de Patrimonio Arteixo é un concello que se encontra adormecido, porque a pesar do eclipse que produce o polígono de Sabón, o certo é que a súa Historia como pobo non comenza a partir de aquí, senón de moito máis atrás, dende a Prehistoria.O que fai falla é coñecela e difundila protexendo as súas manifestacións, algo moi sinxelo pero que require os ingredientes necesarios.
Tendo en conta que, o termo Patrimonio Histórico na actualidade considera como Bens Culturais:
É evidente que Arteixo posúe un amplio patrimonio, tanto natural como cultural, porque o certo é que o Concello está formado por trece parroquias, cada unha delas coa súa porción de bens, tanto naturais como artísticos, sendo evidentemente a de Arteixo a máis urbana e popular. As restantes, na súa maioría grandes descoñecidas para os foráneos e mesmo para os naturais do concello, son as que conservan a esencia do rural e grandes sorpresas patrimoniais esquecidas.
Como solución para reconstruir a débeda cun pasado que debería preocupar e implicar ó conxunto da sociedade, animamos a colaborar. Porque cambiar esta situación e conseguir que, neste caso, Arteixo comece a espertar e potencializar o seu Patrimonio é posible coa axuda de todos e dun persoal cualificado. Desta maneira estaremos máis cerca de poder xestionar como é necesario, e según marcan as leis e as nosas obrigas como cidadáns, un legado que en boa parte está apocado a perderse.
![]() 1600 anos do Reino Suevo de Galiza * * * * * * * Traducción automática con GoogleTranslator (non humana) Multilingual translation of Galician (southwest Europe)
Galiza is one of the oldest nations of the continent
PortuGuês, Castellano, Euskera, Català, English, Français, Deutsch, Gaeilge (Gaélico Irlandés), Cymru (Gaélico Galés), مسرحيات, Nederlander, Italiano, Român, Русский, Ελληνικά, עברית, Polski, Svenska, türk, Tagalog, 中文, हिन्दी, 日本語, Afrikaans, Indonesia.
![]() Asoaciación Cultural Monte da Estrela de Asoaciación Cultural Monte da Estrela é licenciado sob uma Licença Creative Commons Atribuição-Uso não-comercial-Compartilhamento pela mesma licença 3.0 Unported. Based on a work at www.montedaestrela.org. Permissions beyond the scope of this license may be available at http://acmegaliza.blogspot.com/. |