Benvida

Esta páxina emprégase como material de apoio e consulta para as distintas asignaturas de MATEMÁTICAS do IES Breamo (Pontedeume)


Anuncios recientes

  • II Concurso de Fotografía O II Concurso de Fotografía Matemática #MatesBreamo foi un fracaso de participación. Só unha fotografía presentada (por certo, unha fermosa fotografía, seguramente merecedora de premio aínda que houbese máis participación) constitúe, para min, como organizador e impulsor do concurso, unha decepción absoluta e unha desmotivación para repetir a experiencia. Quero agradecer a Carme Regueira Pena a súa participación e darlle a noraboa polo premio de 80 € en material escolar.A fotografía titúlase "Proporción Dourada".
    Publicado a las 11 may. 2017 2:04 por Eduardo Crego
  • ESTALMAT Galicia 2017 O Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes da Comunidade Autónoma, anuncia a Convocatoria 2017 da proba de selección dirixida a estudantes nacidos nos anos 2004 ou 2005. Toda a información aquí.
    Publicado a las 24 abr. 2017 3:21 por Eduardo Crego
  • 3/14 Hoxe 14 de marzo (3/14 como escriben os anglosaxóns) celébrase o Día Mundial de Pi. Dedícolle esta #FotografíaMatemática titulada π + π
    Publicado a las 14 mar. 2017 3:09 por Eduardo Crego
  • VI edición do concurso Explícoche Matemáticas 2.0 Explícoche Matemáticas 2.0 é un concurso dirixido ao alumnado de universidades públicas do estado español procedentes de titulacións de grao e máster e a estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato e ciclos de Formación Profesional dos centros de Educación Secundaria de Galicia e comunidades limítrofes.Para concursar no Proxecto Explícoche Matemáticas 2.0, cada participante ou grupo participante debe preparar un vídeo de 2 minutos de duración máxima sobre un tema relacionado coas Matemáticas e onde a lingua empregada sexa o galego.O prazo para remitir os proxectos finaliza o 22 de abril de 2017.Podedes consultar as bases do concurso e máis información aquí.
    Publicado a las 8 mar. 2017 8:36 por Eduardo Crego
  • PAU: Matemáticas Aplicadas Debido aos cambios normativos e ao novo programa da materia, actualizáronse as informacións relativas a:Orientacións xeraisCriterios xerais de avaliaciónModelo de exameMáis información aquí.
    Publicado a las 16 feb. 2017 9:00 por Eduardo Crego
Mostrando entradas 1 - 5 de 72. Ver más »