Anuncios‎ > ‎

II Concurso de Fotografía

publicado a la‎(s)‎ 11 may. 2017 1:54 por Eduardo Crego   [ actualizado el 11 may. 2017 2:04 ]
O II Concurso de Fotografía Matemática #MatesBreamo foi un fracaso de participación. Só unha fotografía presentada (por certo, unha fermosa fotografía, seguramente merecedora de premio aínda que houbese máis participación) constitúe, para min, como organizador e impulsor do concurso, unha decepción absoluta e unha desmotivación para repetir a experiencia. Quero agradecer a Carme Regueira Pena a súa participación e darlle a noraboa polo premio de 80 € en material escolar.
A fotografía titúlase "Proporción Dourada".

Comments