INTRODUCIÓN

Neste curso 2014/2015 o PDI do
 CEIP Plurilingüe de Andrade, xira arredor do MAR. 
Dende a nosa Biblioteca, "Soños de Andel"
pareceunos que sería interesante facer 
 unha variada selección de actividades poéticas con esta temática:
 
"O MAR EN POESÍA".





Mira como veñen

e volven 

e van...

as ondas pequenas do máxico mar.

Mira como levan

cansiñas

de andar...

de prata mil peixes nun dondo bambán.

E veñen e veñen

e volven 

e van...

cos barcos cansados de tanto vogar.

E veñen e veñen

e volven

e van...

e argallan camiños nun puzle de sal. 

       Ana Mª Fernández Martínez