GUÍA OPAC MEIGA
Ou cómo buscar un libro na rede

      

       GUÍA OPAC MEIGA 

 

Trátase dunha páxina onde atoparedes a Rede de Bibliotecas de Galicia. Poderedes buscar información en calquera biblioteca municipal, escolar… de calquera concello de Galicia.

A dirección é : http://www.opacmeiga.rbgalicia.org e esta é a páxina principal:

 

 

Como podedes ver, podedes buscar por provincia, comarca, grupo ( bibliotecas municipais, escolares, privadas…) e tamén por biblioteca se xa sabedes en cal queredes entrar. Tal e como vedes a páxina entraríamos na Biblioteca Municipal de Narón.

 

E así sería a páxina de inicio da Biblioteca municipal. Poderías buscar información dos fondos da Biblioteca por temas premendo sobre os debuxos que ves. Estes debuxos levaríante a outros que, á súa vez te levarían a información cada vez máis concreta.

 

Pero tamén podes ver se hai  algunha que queiras consultar, coller emprestada… É tan sinxelo como escribir o título da obra (sen artigos), o nome do autor, a materia ( tema), o ISBN ou calquera dos datos que tes na pestana que está ao carón da palabra “Buscar” . Un exemplo , imos buscar “Asústate Merche!” de Fina Casalderrey.

Escribiremos o título no espazo que está debaixo de “valor a buscar”

Apareceranos esta lista que vai dende o título máis semellante ao que buscamos e os seguintes por orde alfabética. Neste caso, como existe o libro que buscamos aparece de primeiro na lista.

 

 Premendo sobre o título aparecerá a seguinte ventá:

 

 

Pódese ver a información sobre o libro e o seu estado, é decir, se está emprestado ou disponible. Fixádevos que ao final tedes escrito en vermello catro opcións: Reservar exemplar, ver opinións, enviar opinión e ampliar imaxe. As tres últimas opcións son sinxelas e non heredes problemas. A primeira non é máis difícil, pero como é a máis práctica para vós ímonos parar nela. Se premedes sobre esta opción apareceravos esta ventá:

 

 

Como vedes é moi sinxelo: escribiredes o voso nº de socio da biblioteca municipal, o voso NIF (DNI con letra) e premeredes sobre solicitar reserva. Deste xeito poderedes ir á biblioteca sabendo que o libro que ides buscar está a esperar por vós.