GUIA DA BIBLIOTELLEIRAS
 

IES “AS TELLEIRAS” BIBLIOTECA SERVIZOS E NORMAS DE FUNCIONAMENTO


NA BIBLIOTECA RECORDA ...

* Pechar sempre a porta despois de entrar ou sair.

* Gardar silencio para non molestar aos demais.

* Manter en orde o mobiliario e volver a deixar os libros ou revistas onde os atopaches.

* Non comer nin beber, nin tirar papeis ao chan.

* Tratar todas as cousas con coidado.


SE QUERES LER NA SALA …

* Na sala de lectura podes ler ou consultar calquera libro ou revista sen necesidade

de pedir permiso ao profesor de garda, pero recorda devolvelo sempre onde estaba.


SE QUERES XOGAR AO XADREZ...

* Podes coller o taboleiro e as pezas sen solicitarllos ao profesor de garda, pero non

esquezas volver a deixalos no seu sitio.

  • A sala de xogos será o único lugar onde estará permitido xogar.

SE QUERES UTILIZAR OS ORDENADORES...

* Para utilizar un ordenador durante o tempo de lecer terás que solicitarllo ao profesor

de garda da biblioteca e apuntarte nun rexistro.

* Só poderás reservar un ordenador para o 1º ou para o 2º recreo, pero non para os dous.

Cada ordenador só poderá ser empregado por un máximo de unha persoa.

* Podes empregar o ordenador para traballar, navegar por Internet (con fins educativos) ou consultar o catálogo da biblioteca.

* Tamén podes consultar CD-Rom ou ver DVD’s. pero terás que solicitarllos ao profesor de garda.


SE QUERES LEVAR LIBROS EMPRESTADOS

* Podes levar en préstamo calquera libro, agás os de consulta (dicionarios, enciclopedias, atlas ...) e as revistas, agás o último número.

* Podes levar ata tres libros ou revistas, pero só podes telos por un prazo de 15 días. Pasado este tempo tes que devolvelos a biblioteca ou renovar o préstamo.

 * A renovación do préstamo non será posible no caso de que o libro estea moi solicitado e reservado por outros lectores.

* Ti tamén podes reservar calquera libro e terásprioridade para dispor del.

* Se incumpres os prazos de devolución perderás o dereito a levar libros en préstamo durante un tempo.

* O deterioro ou a perda do que leves emprestado suporá a súa reposición ou abono en

metálico.

* Para realizar o préstamo terás que cubrir unha ficha cos teus datos e os datos do libro

ou revista que queiras levar.

* Tamén terás que cubrir cos teus datos e a data de devolución unha tarxeta amarela que atoparás no interior do libro.

* Finalmente deixarás esa tarxeta no mesmo lugar onde colliches o libro e entregarás a folla

branca ao profesor de garda.

*Para facer a devolución, ti mesmo buscarás a tarxeta amarela e entregaraslla, xunto co libro, ao profesor de garda, que debe romper a ficha branca que cubriras (presta atención a

que o faga).

* Se tes algunha dúbida sobre como facer o préstamo ou non atopas o que buscas, pregúntalle ao profesor de garda.


TI TAMÉN PODES OPINAR ...


* Se queres facer calquera suxestión sobre a biblioteca (propor compras ou actividades, cambios no funcionamento, etc.), tes á túa disposición un Buzón de Suxestións. Todas elas serán consideradas e, se é posible, atendidas.


ORGANIZACIÓN DA BIBLIOTECA ...


*Os libros están organizados seguindo a CDU ou Clasificación Decimal Universal que é o sistema de clasificación de documentos empregado pola maioría das bibliotecas do mundo.

*Mediante un código de números do 0 ao 9 indícase o CONTIDO ou MATERIA de cada documento.

*Nesta biblioteca empregamos a CDU de xeito un pouco simplificado. Esta é a razón pola que todos os libros levan no lombo unha cifra.

*Coñecer e comprender a CDU permitirache atopar facilmente o que veñas buscar.